Glauco (fillo de Sísifo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo, a partir da Bibliografía máis a información da esWiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de febreiro de 2021 ás 20:10

Glauco era, na mitoloxía grega, o fillo de Sísifo e o seu sucesor no trono da cidade de Éfira, hoxe Corinto.

A súa sona corresponde co momento e a forma da súa morte. Glauco fora vencido nuns xogos fúnebres en honor a Pelias por Iolao, fillo de Íficles. Trala carreira, as eguas volvéronse rabiosas, ben Glauco abeberou as eguas nunha fonte que resultou ser máxica, ben porque Afrodita as efureceu como castigo a Glauco porque non as permitía aparearse, para que así fosen máis veloces. O caso é que nese estado, as eguas devoraron a Glauco.