Bernard Malamud: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
RubenWGA (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
== Biografía ==
Bernard Malamud naceu o 26 de abril de 1914 no barrio neoiorquino de [[Brooklyn]]. Seus pais, Mendel (Max) Malamud e Brucha (Bertha), de solteira Fidelman, eran un matrimonio de inmigrantes [[xudeu]]s fuxidos da [[Rusia]] tsarista, descritos polo propio autor como "doces, honestos e amables".<ref name = bmbiography>[http://www.notablebiographies.com/Lo-Ma/Malamud-Bernard.html "Bernard Malamud Biography"], en notablebiographies.com {{en}}. Consultado o 19 de xuño de 2012.</ref> O pai rexentou unha tenda de ultramarinos en Brooklyn, no número 1111 de Gravesend Avenue, desde 1924 até a súa morte en 1954.<ref name = anewlife>Donald Weber: [http://www.bookforum.com/inprint/014_05/2063 "A new life"]. ReseñaRecensión da biografía ''Bernard Malamud: A Writer’s Life'', de Philip Davis. {{en}}. Consultado o 19 de xuño de 2012.</ref> Súa nai padecía unha enfermidade mental e faleceu nun hospital psiquiátrico en 1929, cando Bernard tiña quince anos.<ref name = anewlife /> O único irmán de Bernard, Eugene, nado en 1917, diagnosticóuselle de novo [[esquizofrenia]] e tivo que pasar hospitalizado gran parte da súa vida adulta.<ref name = anewlife /> No medio familiar no que se criou o futuro escritor non había un especial interese polas manifestacións artísticas, mais aínda así Bernard afeccionouse pronto á lectura. Asistía tamén con frecuencia a representacións teatrais en [[yiddish]].<ref name = bmbiography />
 
Malamud estudou na escola secundaria Erasmus Hall de Brooklyn entre 1928 e 1932.<ref>Boyer, David. [http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9F04EED8143AF932A25750C0A9679C8B63 "NEIGHBORHOOD REPORT: FLATBUSH; Grads Hail Erasmus as It Enters a Fourth Century"], ''[[The New York Times]]'', 11 de marzo de 2001. Consultado o 19 de xuño de 2012.</ref> Durante a súa época de estudante de secundaria en Brooklyn fíxose moi afeccionado ao cine (especialmente ás comedias de [[Charlie Chaplin]]) e acostumaba contarlles os argumentos das películas aos seus compañeiros de clase.<ref name = chronology /> Graduouse como ''bachelor'' na City College de Nova York en 1936.<ref name = bmchronology>[http://www2.dokkyo.ac.jp/~esemi006/malamud/index2.htm "The Unofficial Bernard Malamud Home Page"] (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2012.</ref>