Atlas lingüístico ETLEN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos e retiro marcador de ortografía
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1:
{{FormatoWiki}}
{{Ortografía}}
{{Libro|nome=Estudiu de la Transición Llingüística na Zona Eo-Navia, Asturias (ETLEN)|subtítulo=Atles llingüísticu dialectográficu - horiométricu - dialectométricu|imaxe=Atles Etlen.jpg|descrición da imaxe=Portada do atlas lingüístico ETLEN|autor=Ramón d'Andrés Díaz (dir.), Fernando Álvarez-Balbuena García, Xosé Miguel Suárez Fernández e Miguel Rodríguez Monteavaro|país=España|lingua=Asturiano|xénero=Atlas lingüístico|editorial=Ediciones Trabe / Universidá d'Uviéu|data publicación=2017|páxinas=1.088}}
O atlas ''ETLEN'' ('''''Estudiu de la transición llingüística na zona Eo-Navia, Asturies'''''), publicado no 2017 en [[Lingua asturiana|idioma asturiano]], é un completo estudo de [[xeografía lingüística]] da zona [[Terra Eo-Navia|Eo-Navia]], que corresponde á fronteira dialectal entre os dominios [[galego-portugués]] (galego) e [[asturleonés]] (asturiano) na parte estremeira occidental do [[Principado de Asturias]]. Trátase da zona do nomeadodenominado [[galego de Asturias]], [[galego-asturiano]] ou [[eonaviego]].
 
O atlas ETLEN é froito dun proxecto de investigación de campo feito, en fases sucesivas, entre o ano 2000 e o 2014, por un equipo da [[Universidade de Oviedo]] / Uviéu formado por [[Ramón d’Andrés|Ramón d’Andrés Díaz]] (director), Fernando Álvarez-Balbuena García, Xosé Miguel Suárez Fernández e Miguel Rodríguez Monteavaro, ademais de outrosdoutros colaboradores. O obxectivo é obter un avance relevante no coñecemento do feixe de [[isoglosa]]s que conforman a [[fronteira lingüística]] entre o galego-portugués e o asturleonés na devandita zona de Asturias.
 
== Puntos de enquisa ==
Liña 14 ⟶ 13:
* Localidades de Asturias de fala asturiana occidental: Buḷḷacente ([[Tinéu]]), Ḷḷandelfornu (Villayón), Monesteriu ([[Cangas del Narcea]]), Prada (Ayande), El Reboḷḷal ([[Degaña]]) e Riumayor ([[Valdés]]).
 
* Localidades da provincia limítrofe de Lugo, de fala galega oriental: Murias do Camín ([[Navia de Suarna]]), [[Negueira, Negueira de Muñiz|Negueira]] ([[Negueira de Muñiz]]), Neipín ([[A Pontenova]]), [[O Pando, Cereixido, A Fonsagrada|O Pando]] ([[A Fonsagrada]]) e O Rato ([[Ribadeo]]).
 
== Cuestionario ==
Liña 24 ⟶ 23:
O atlas ETLEN consta de 3 seccións que representan tres xeitos de enfocar o estudo lingüístico da zona:
 
# ''Sección dialectográfica'': amósanse os datos lingüísticos en unhanunha colección de 531 mapas dialectais, formando un [[atlas lingüístico]] de feitura clásica.
# ''Sección horiométrica'': aplícase unha metodoloxía estatística creada expresamente polo equipo investigador (a [[horiometría]]) para a medición da fronteira lingüística. Cada trazo diferencial detectado en cada localidade, ten catro adscricións xeolectais de acordo coa súa distribución xeográfica no nivel do dominio lingüístico: trazos "occidentais" (galego-portugueses); trazos "orientais" (asturleoneses); trazos "axiais" (exclusivos da zona de fronteira, que non se poden adscribir aos devanditos espazos xeolectais); e trazos "comúns" a todos os espazos xeolectais.
# ''Sección dialectométrica'': sométense os datos lingüísticos ás diversas operacións propias da [[dialectometría]], metodoloxía baseada na análise matemático-estatística das semellanzas e diferenzas lingüísticas entre as falas de todas as localidades estudadas. O atlas ETLEN segue os procedementos da [[Escola Dialectométrica de Salzburgo]], dirixida polo romanista austríaco [[Hans Goebl]].
 
Cada sección está precedida de amplas introducións sobre o estado dos coñecementos lingüísticos da zona, sobre a [[horiometría]] e sobre a [[dialectometría]] como técnicas de estudo dialectolóxico.
Liña 36 ⟶ 35:
== Resultados ==
 
O atlas ETLEN ofrece un completo estudo xeolingüístico da zona Eo-Navia, que corresponde ao nomeadochamado [[galego de Asturias]], [[galego-asturiano]] ou [[eonaviego]]. Trátase dun conxuntuconxunto de falas tradicionalmente clasificadas dentro do dominio [[galego-portugués]], se ben con uncun número apreciable de trazos que as achegan ao [[Subgrupo lingüístico asturleonés|asturleonés]], podéndose tipificar comacomo falas galegas de transición ao asturiano.<ref>Alonso, Dámaso (1943): "Etimologías hispánicas", ''Revista de Filología Española'', 27, pp. 30-47: "[U]na región políticamente asturiana, lingüísticamente gallega, con influjo asturiano decreciente, según se avanza hacia el Eo. Designo esta modalidad lingüística con la palabra gallego-asturiano" (p. 36)</ref> Os seus 531 mapas dialectográficos constitúen unha fonte considerable de datos lingüísticos, moitos deles pouco coñecidos.
 
Do punto de vista da análise ''horiométrica'', as falas eonaviegas resultan caracterizadas pola presenza maioritaria de trazos de tipo ''occidental'' (''grosso modo'' galego-portugués). Por esta razón, a horiometría do ETLEN vén a confirmar a tipificación xa coñecida desde a [[dialectoloxía]] tradicional,<ref>Babarro González, Xoán (2003): ''Galego de Asturias (2 vols). Vol. 1. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística'', A Coruña : Biblioteca Filolóxica Galega, Instituto da Lingua Galega; Fernández Rei, Francisco, 1990: ''Dialectoloxía da lingua galega'', Vigo : Edicións Xerais de Galicia); ''Atlas Lingüístico Galego'', [https://ilg.usc.es/es/proxectos/atlas-linguistico-gallego-alga]</ref> mais aportando moitos detalles acerca de como se configura cuantitativamente a transición entre ambos os dous dominios lingüísticos.