Minotauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Kissing the Minotaur - Painting by Bill Lewis.jpg|miniatura|300px|''Bicando o Minotauro'' (Bill Lewis, 2002)]]
 
Na [[mitoloxía grega]], o '''Minotauro''' era unha criatura con corpo de [[humano|home]] e cabeza de [[vaca|boi]]. Vivía no [[labirinto]] construído polo rei [[Minos]] de [[illa de Creta|Creta]] e deseñado polo arquitecto [[Dédalo (mitoloxía)|Dédalo]] para manter encerrado o Minotauro. Finalmente foi morto polo heroe [[Teseo]].
Liña 20:
{{cita|"''Cando Minos... loitou contra os atenienses, o seu fillo Androxeo resultou morto na batalla. Despois de ser vencidos, os atenienses comezaron a ser tributarios de Minos, pero tamén determinou que cada ano enviaran a sete dos seus fillos como pasto do Minotauro''".|(Hixino: ''Fábulas'' 41)}}
 
[[Ficheiro:Minotaur.jpg|miniatura|dereita|250px|Teseo no momento de dar morte ó Minotauro]]
 
O terceiro ano, cando se ía celebrar o sorteo para escoller as vítimas, [[Teseo]] apuntouse voluntario coa intención de matar o monstro <ref>A tradición máis estendida di que a selección se facía por sorteo, pero algunhas fontes din que era o propio Minos quen escollía as vítimas.</ref>. Ó chegar ó palacio de Minos, en Creta, [[Ariadna (mitoloxía)|Ariadna]], filla de Minos e Pasífae, apaixonouse por el e axudouno (a cambio de casar con ela), entregándolle un nobelo de fío para que o fose soltando segundo entraba e así poder, logo, saír do labirinto <ref>Outras versións din que o que lle deu Ariadna era unha coroa luminosa que o guiara nas tebras do labirinto.</ref>. Teseo matou o Minotauro (cunha espada máxica que Ariadna lle dera ou, simplemente, a puñadas). Pero a pesar da promesa feita, Teseo abandonou a Ariadna no regreso a Atenas, na illa de Día (hoxe, [[Naxos]]).
Liña 26:
{{cita|[Teseo] "''É incluído no terceiro tributo ó Minotauro ou, segundo din outros, ofreceuse voluntario... Por indicación súa'' [de Dédalo] [Ariadna] dálle un fío a Teseo no momento de entrar. Teseo, tras atalo á porta, entra e vaino soltando. Achou a Minotauro na parte máis recóndita do labirinto, matouno loitando a puñadas e saíu recollendo o fío''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Epítomes'' 1, 8-9)}}
 
Minos, irado porque Teseo conseguira escapar, encerrou a Dédalo e o seu fillo [[Ícaro]] no labirinto, aínda que logo conseguiron escapar construíndo alas para si mesmos. Porén Ícaro, na súa inconsciencia, aproximouse demasiado ó sol, que derretiuderreteu a cera coa que estaban pegadas as alas. Caeu e morreu. Outros din que Teseo, tras matar ó Minotauro, levou a Dédalo a Atenas.
 
Existe unha versión [[Evémero|evemerista]] que di que Minotauro non era esta criatura monstruosa, senón un soldado de Minos, chamado Tauro, e que os sete mozos atenienses estaban destinados a ser ofrecidos como premio nos xogos fúnebres que se celebraban en memoria de Androxeo. Tauro sería o primeiro vencedor neste xogos e, pola súa crueldade cos outros mozos, Teseo emprendeu esa expedición de castigo. Minos encontrou en Teseo a ocasión para librarse de Tauro, que ademais mantiña relacións sexuais coa raíña Pasífae, e non só facilitou a expedición de Teseo senón que ademais lle deu de grado a man da súa filla Ariadna.
 
== Iconografía ==
[[Ficheiro:Antonio Canova-Theseus and the Minotaur-Victoria and Albert Museum.jpg|miniatura|250px|esquerda|''Teseo e o Minotauro'', de Antonio Canova ([[Victoria and Albert Museum]], Londres)]]
 
Os amores [[zoofilia|zoofílicos]] de Pasífae no se reflictirán na arte ata a [[Arte contemporánea|Idade contemporánea]], con [[Johann Heinrich Füssli]] ou [[Gustave Moreau|Moreau]].
Liña 46:
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
{{Commons|Minotauro}}
 
=== Bibliografía ===
* [[Diodoro Sículo]] I. I6, IV. 61.
* [[Plutarco de Queronea|Plutarco]], ''Teseo,'' 15—19
 
* ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: ''Arte y mito. Manual de iconografía clásica''. Sílex, 3ª ed. 2017, pp. 409-416.
* [[Pedro Benavente|BENAVENTE JAREÑO, P.]] e [[Xesús Ferro Ruibal|FERRO RUIBAL, X.]]: ''O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún''. [[Xunta de Galicia]], 2010, pp. 105-106.
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981, s. v. ''Minotauro'', ''Ariadna'', ''Teseo'', ''Tauro''.
* [[Hixino|HIGINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
Liña 64 ⟶ 63:
{{Mitoloxía grega}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Criaturas da mitoloxía grega]]