Quimera (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 4:
[[Ficheiro:Notre dame-paris-view.jpg|miniatura|Quimera na decoración externa da [[Catedral de Nôtre Dame de París]].]]
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Quimera''' (en [[lingua grega|grego antigo]] Χίμαιρα, ''Chímaira'', que significa "animal fabuloso"; a través do [[latín]] ''Chimæra'') era un monstro horrendo, filla de [[Tifón (mitoloxía)|Tifón]] e de [[Equidna (mitoloxía)|Equidna]]; para [[Hesíodo]], era filla da [[Hidra de Lerna]]. Fora criada por Amisodares, rei de Cardia. Foi a nai, con [[Ortro]], da [[Esfinxe]] e do [[León de Nemea]] (<ref>Grimal, px. 506)</ref>.
 
== Mitoloxía ==
Quimera vagaba polas rexións de [[Asia Menor]] aterrorizando as poboacións e engulindo animais e rabaños enteiros.
 
As súas descricións varían desde as que dicían que tiña o corpo dunha [[cabra]], os cuartos traseiros dunha [[serpe]] ou un [[dragón]] e a cabeza dun [[león]] <ref>Resulta curioso que [[Ovidio]], a describa con peito e cabeza de leoa.</ref>, até as que afirmaban que tiña tres cabezas: unha de león, outra de macho cabrío, que lle saía do lombo, e a última de dragón, que nacía na cola. Todas as descriciónes coinciden, porén, en que vomitaba [[lume|fogo]] por unha ou máis das súas cabezas e polo traseiro. Era sumamente rápida.
 
{{cita|"''Do xigante Tifón e de Equidna naceron... a Quimera, que houbo en Licia, que tiña a cabeza de león, a cola de serpe e a do medio de cabra''".|(Hixino: ''Fábulas'', 151)}}
Liña 15:
{{cita|"''A Hidra deu a luz a Quimera, que exhalaba fogo, terrible, enorme, de rápidos pés e violenta. Tres eran as súas cabezas: unha de león, de brillantes ollos, outra de cabra e a terceira de serpe, de poderoso dragón. Por diante león, por detrás dragón e no medio cabra, que exhala ardente fogo, de terrible forza''".|(Hesíodo: ''Teogonía'' 319-325)}}
 
Quimera foi derrotada finalmente por [[Belerofonte]] coa axuda de [[Pegaso]], o cabalo alado, ás ordes do rei [[Ióbates]] de [[Licia]]<ref>O rei Preto, mandou recado ó rei Ióbates para que matara a Belerofonte, porque a muller lle dixeraacusara, falsamente, quede esteque aintentara violaraviolala. Ióbates, en lugar de matar directamente a Belerofonte, mandouno a matar a Quimera, supoñendo que morrería no intento.</ref>. Hai varias descricións da súa morte: algunhas din simplemente que Belerofonte a atravesou coa súa lanza, mentres que outras sosteñen que a matou cubrindo a punta da lanza con chumbo que se fundiu ao ser exposto á ardente respiración de Quimera <ref>Robert Graves mestura as dúas fórmulas: voando sobre Pegaso, atravesouna coas súas frechas e meteulle entre as mandíbulas un cacho de chumbo que cravara na punta da súa lanza. O bafo de lume da Quimera fundeu o chumbo, que se deslizou pola gorxa e abrasouna as vísceras (Graves, 279).</ref>.
 
{{cita|"''Ióbates odenoulle que dera morte a Quimera, xa aueque cría que sería aniquilado pola besta, pois non era posible que fora dominada por moitos e menos por un só; tiña a parte dianteira de león, a cola de dragón e, no medio, unha terceira cabeza de cabra pola que botaba lume... Belerofonte montou sobre Pegaso... e elevándose polos aires, desde alí disparou as súas frechas contra a Quimera''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' II, 3, 1-2)}}
 
== Outros personaxes ==