Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Votacións para borrar/Nieves Cabo»

sen resumo de edición
m
Etiqueta: edición de código 2017
{{sen sangría|3}}{{comentario}}Concordo con [[Usuario:Castelao|Castelao]] e con [[Usuario:Piquito|Piquito]] en que deba ter un espazo no artigo sobre a pandemia en Galicia. En canto a outros argumentos, como a diversidade e o inclusivismo, podo entendelos, pero (e non quero entrar na discusión do criterio de relevancia per se) hai mecanismos perfectamente aliñados coas políticas como para poder recoller para a posteridade datos e informacións que representen a esas persoas máis anónimas, menos visibles, minorizadas, discriminadas etc. e na miña opinión a biografía pola biografía non é a solución ideal. É perfectamente posible facer entradas de xeito colectivo ben ricas en datos, e de feito faltan, na miña opinión. Considero importante combater un nesgo ou unha falta de oportunidade para acadar a relevancia de determinados colectivos minorizados, porén o meu parecer é que o método máis rico en información e interrelacións (ligazóns internas) son máis artigos de contexto: neste caso concreto podería ser a demografía e actividade económica rurais na Galicia do XXI, os datos de tratamento do sistema público e privado de residencias en Galicia, a incidencia por sexo e idade da pandemia etc. Entendo a idea de termos referentes diversos, máis como di [[Usuario:Norrin strange|Norrin]], non foi polo que fixo, senón polo que lle fixeron e cando (contexto) polo que esta persoa é salientable. E podería ser ela como podería ter sido outra, como di [[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]]. É por iso que -e máis nunha "obra colaborativa de coñecemento aberto"- non creo no inclusivismo biográfico individualista como solución a todo. Non creo neses termos tan neoliberais de "xentes feitas a si mesmas": ninguén sae adiante na vida por si só e somos froito das nosas interaccións sociais e culturais, entre as que inclúo os silenciados coidados. Os artigos colectivos e de contexto son, de seu, inclusivistas e poden ser infinitamente diversos e ricos. Outra cousa é que haxa o tempo e gañas (e fontes) para facelos.Saúdos.--[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 12 de febreiro de 2021 ás 14:37 (UTC)
{{Info}} O artigo está correcto, pero a primeira galega en ser vacinada non sería ela , xa que en teoría hai unha lucense vacinada en Asturias o mesmo día (Nieves Cabo ás 11:00 horas , "Pepita" ás 10.25).<ref>{{Cita web|título=La primera vacuna de Asturias fue para una lucense|url=https://www.elprogreso.es/articulo/sociedad/primera-mujer-vacunarse-asturias-fue-lucense-pepita/202012271653251477689.html||data=2020-12-27|data-acceso=2021-02-12|lingua=es|xornal=El Progreso deLugo}}</ref> Resulta algo controvertido sinalar unha e non outra só polo feito de emigrar a outra comunidade, non? E por que non a primeira vacinada en España, que vén no mesmo artigo?<ref>{{Cita web|título=Nieves Cabo, de 82 anos, primeira vacinada en Galicia contra o coronavirus|url=https://www.gciencia.com/saude/nieves-cabo-de-82-anos-primeira-galega-vacinada-contra-o-coronavirus/|páxina-web=GCiencia|data=2020-12-27|data-acceso=2021-02-12|lingua=gl-ES|apelidos=Redacción}}</ref> Por outra banda, a vacina consta de dúas doses, así que, máis aló do interese mediático, o correcto sería indicar a primeira persoa que recibiu as dúas doses, penso eu.{{Referencias conversa}}.--[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 12 de febreiro de 2021 ás 15:59 (UTC)
{{Comentario}} Habería que pechar esta votación. Segundo [[WP:VO]], habería que borrar (66% dos votos a favor do borrado). --[[Usuario:Norrin strange|Norrin]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fálame]])</sup> 15 de febreiro de 2021 ás 10:14 (UTC)
70.697

edicións