Arión (cabalo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 3:
Na [[mitoloxía grega]], '''Arión''' (en [[grego antigo]] Άρείων, ''Areíôn'', 'mellor', 'máis forte', 'más valoroso') foi un cabalo fillo de [[Poseidón]] e [[Deméter]]. Tiña as crinas azuladas <ref>Hesíodo: ''Escudo'' 121.</ref> e podía correr tan rápido que podía ir sobre a auga <ref>Propercio, ''Elegías'' II, 34, 37.</ref>. Tiña estirpe divina <ref>Homero, ''Ilíada'' XX, 346.</ref>.
 
Conta a lenda que cando a deusa Deméter andaba polo mundo adiante buscando á súa filla [[Perséfone]], que fora raptada por [[Hades]], ía seguida por Poseidón, namorado e obsesionado con ela. Para escapar deste acoso, Deméter converteuse en [[cabalo|egua]] e ocultouse nunha eguada do rei [[Onco]] (en [[Telpusa]], na [[Arcadia]] <ref>Grimal, s. v. ''Arión''; Ovidio e Pausanias. Para Pseudo-Apolodoro, tomara a forma dunha [[Erinias|Erinia]].</ref>). Esta camuflaxe foi inútil á hora de evitar ó deus, porque este, transformado en semental, terminou cubríndoa.
 
{{cita|"''Tamén a ti, Neptuno, ... te sentiu a de loiros cabelos, a dulce nai das méses''"|(Ovidio VI, 115-118)}}
Liña 9:
Desta unión naceu unha filla, só coñecida como "''A Ama''" ou "''A Señora''" e cuxo nome non se debía pronunciar, e mailo cabalo Arión.
 
Arión foi o cabalo de [[Adrasto]], rei de [[Argos, Grecia|Argos]], que encabezou a fracasada expedición dos [[Sete contra Tebas]], e o único dos sete paladíns que sobreviviu. Ó ser derrotados, Adrasto salvou a vida porque Arión o levou ata un lugar afastado e seguro, na [[Ática]].

{{cita|"''Tan só a Adrasto o salvou o seu cabalo Arión, o que enxendrara Poseidón de Deméter, cando ela durante o coito tomara a aparencia dunha Erinia''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' III, 6, 8)}}

Antes de pertencerlle, os donos de Arión foron o rei Onco, en cuxas eguadas naceu, e o mesmo [[Heracles]]. Cando Heracles marchaba contra a [[Élide (rexión histórica)|Élide]] parou en Arcadia e pediulle o cabalo a Onco, e así puido conquistar [[Elis]]
 
A lenda pretende explicar a teoría de que Poseidón foi o creador do cabalo, aínda que xa a nai, [[Rea (deusa)|Rea]], déralle a comer a [[Cronos]] un poldro, para salvar a Poseidón acabado de nacer, pois o pai, Cronos, ía comendo a tódolos fillos que ía tendo Rea. O que si é certo é que os cabalos lle están consagrados a el, e que creou as carreiras de cabalos.
Liña 23 ⟶ 27:
* {{Cita libro |título= Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen |nome= |apelidos= Hesíodo |ano= 2013 |editorial= Alianza Editorial |isbn= 9788420678825|ref=harv}}
* {{Cita libro |título= Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger |nome= |apelidos= Ovidio|ano= 2015 (reimpr. 2017) |editorial= Alianza Editorial |isbn= 9788420697208|ref=harv}}
*{{Cita libro |título= Biblioteca mitológica |nome= |apelidos= Pseudo-Apolodoro |ano= 2016 |editorial= Alianza Editorial |isbn= 9788491044277|ref=harv}}