Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 35:
=== Primeiros anos en Eisenach (1685-1695) ===
Johann Sebastian Bach naceu en [[Eisenach]], o [[31 de marzo]]<ref group="nota">O [[21 de marzo]] segundo o [[calendario xuliano]] en vigor naquel momento no territorio da actual [[Alemaña]].</ref> de [[1685]], o mesmo ano no que naceron [[Georg Friedrich Händel]] e [[Domenico Scarlatti]]. Naceu no seo dunha familia de músicos, sendo de feito todos os seus tíos músicos profesionais entre cuxos postos se inclúen organistas de igrexa, músicos de cámara e compositores. Foi o oitavo fillo (o fillo maior da familia contaba daquela con 14 anos de idade<ref>{{Cita web|título=Lesson Plans|url=http://www.bach.org/school_lessons.html|autor=Bach to School|editorial=The Bach Choir of Bethlehem|dataacceso=8-03-2012|lingua=inglés|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130116113053/http://www.bach.org/school_lessons.html|dataarquivo=16-01-2013|urlmorta=yes}}</ref>) do matrimonio formado por [[Johann Ambrosius Bach]] e [[Maria Elisabetha Lämmerhirt]],<ref>{{cita Harvard|sp=si|Jones|2007|p=3}}</ref> e foi bautizado na igrexa de San Xurxo dous días despois, tendo como padriños ao músico Sebastian Nagel e ao gardabosques Johann Georg Koch, dos cales recibiu os seus dous nomes. Os Bach eran unha familia [[Luteranismo|luterana]] integrada por músicos e compositores dende había varias xeracións, entre eles [[Veit Bach]] (o fundador da [[Familia Bach|dinastía Bach]]), e moitos outros como [[Heinrich Bach|Heinrich]], [[Johann Michael Bach|Johann Michael]], ou o propio pai de Johann Sebastian, que traballaba como músico de alto rango en Eisenach, tendo ao seu cargo a organización dos actos musicais da cidade.<ref name="RBA1">{{Cita libro |título=BACH. Conciertos de Brandenburgo - Conciertos para violín |nome1=Ana |apelidos1=Nuño |nome2=Juan Carlos |apelidos2=Moreno |nome3=Josep |apelidos3=Pascual |editorial=RBA Coleccionables |ano=2005 |isbn=84-473-4599-8}}</ref><ref name="eisenach">{{Cita web |url=http://www.let.rug.nl/Linguistics/diversen/bach/eisenach.html |título=Eisenach (1685-1695) |editorial=[[Universidade de Groningen]] |dataacceso=18 de decembro de 2014 |lingua=inglés |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141231233311/http://www.let.rug.nl/Linguistics/diversen/bach/eisenach.html |dataarquivo=31 de decembro de 2014 |urlmorta=yes }}</ref> A súa nai pertencía a unha familia de peleteiros e agricultores, tamén con algúns músicos, todos profundamente relixiosos, seguidores dunha doutrina [[anabaptismo|anabaptista]] de inclinación mística.<ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=21-24}}</ref> Aínda que durante moito tempo se pensou que a casa natal de Bach era o número 21 de Frauenplan, que agora acolle un museo sobre o compositor, a casa na que probablemente naceu o compositor estaba situada en Lutherstrasse, aínda que a maior parte da casa da época de Bach non se conserva.<ref name="eisenach"/>
[[Ficheiro:BachhausEisenach-1Thuringia Eisenach asv2020-07 img14 Bach Museum.jpg|esquerda|miniatura|225px|Casa de Bach en Eisenach.]]
Existen poucos datos sobre os seus primeiros anos, mais coñécese que o seu talento musical foi recoñecido dende unha idade moi temperá, o que levou a seu pai a instruílo en [[instrumentos de corda]] (probablemente o [[violín]]) e en teoría musical, así como en [[órgano (música)|órgano]] e [[instrumentos de tecla|teclado]] seguramente polo seu curmán [[Johann Christoph Bach|Johann Christoph]], que posteriormente se converteu en organista da igrexa de San Xurxo de Eisenach.<ref name="Geiringer, p. 24">{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|p=24}}</ref><ref>{{Cita Harvard|Boyd|2006|sp=si|p=6}}</ref><ref name="eisenach2">{{Cita web |url=http://www.baroquemusic.org/bqxjsbach.html#EI |título= EISENACH: 1685-1695 |páxina-web=baroquemusic.org |dataacceso=18 de decembro de 2014 |lingua=inglés}}</ref> O novo Johann Sebastian non tardou en converterse nun intérprete extraordinariamente competente nestes instrumentos.<ref name="eisenach2"/>