Vicente Risco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 20:
Fillo dun funcionario da Facenda, Risco foi un rapaz de saúde delicada, amigo dende a infancia de [[Ramón Otero Pedrayo]], en [[1899]] rematou o bacharelato. Estudou [[Dereito]] por libre na [[Universidade de Santiago de Compostela]], licenciouse en [[1906]] e ingresou no corpo de funcionarios de Facenda, con destino en [[Ourense]].
 
Neses anos participou no faladoiro que dirixía [[Marcelo Macías]] na Comisión de Monumentos, no cal se xuntaban intelectuais como [[Xulio Alonso Cuevillas]] ou [[Arturo Vázquez Núñez]] e que van influír na vocación literaria de Risco. As lecturas dos decadentistas franceses e ingleses puxérono en contacto co [[ocultismo]] e o orientalismo, estudando o [[budismo]] e mesmo afiliándose ao [[Teosofía|teosofismo]]. Admirador de [[Rabindranath Tagore]], darao a coñecer nos círculos ourensáns.
[[Ficheiro:Casa natal Vicente Risco 2.jpg|miniatura|Placa na casa natal.]]
En [[1910]] Risco entrou na redacción do xornal local, ''[[El Miño (Ourense)|El Miño]]''; no mesmo, escribiu artigos filosóficos e de actualidade cos pseudónimos de '''Rujú Sahib''' e '''Polichinela''' e literarios co seu propio nome.
Liña 26:
En febreiro de [[1912]] coñece a [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]] e gaba un dos seus discursos en ''El Miño'', pero Risco manterase aínda lonxe do movemento [[Galeguismo (política)|galeguista]].
 
En [[1913]] marchou a [[Madrid]] para estudar [[maxisterio]], alí será alumno de [[José Ortega y Gasset]], trata a [[Ramón Gómez de la Serna]] e [[Luis de Hoyos Sáinz]] e volta ao [[catolicismo]]. No [[Ateneo de Madrid]] ofreceu unha conferencia sobre Rabindranath Tagore, quequen acababa de ser galardoado co [[Premio Nobel de Literatura]].
 
En [[1916]], rematados os seus estudos, volveu a Ourense como catedrático de Historia da Escola Normal. En [[1917]] fundou con [[Arturo Noguerol]] a revista literaria ''[[La Centuria]]'', que se converterá nun antecedente, pola xente que colabora nela, se converterá nun antecedente da revista ''[[Nós (revista)|Nós]]''.
 
=== Descubrimento do galeguismo ===