Lebor Gabála Érenn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Algún enlace interno
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 18:
# '''Do Pobo de Fir Bolg, Fir Domnann e Fir Gálioin''': Un grupo da dinastía de Nemed aséntase en Grecia, onde son escravizados. Douscentos trinta anos tras Nemed volven a Irlanda, e alí sepáranse en tres nacións, os Fir Bolg, os Fir Domnann e os Fir Gálioin, e alí permanecen até a chegada dos Tuatha Dé Danann.
# '''Do Pobo dos Tuatha Dé Danann''': Os Tuatha Dé Danann son descendentes doutro dos grupos sobreviventes do diluvio de Nemed. Chegan a Irlanda desde o norte, onde aprenderan as artes escuras da maxia pagá e os [[druída]]s, aproximadamente o día 1 de maio. Disputan o dominio de Irlanda aos Fir Bolg e os seus aliados na Primeira Batalla de Moytura (ou Mag Tuired). Os Dé Danann saen vitoriosos e expulsan aos Fir Bolg ao exilio das illas veciñas. Pero Nuada, rei de Dé Danann, perde o seu brazo dereito na batalla e é forzado a renunciar ao seu reino. Durante sete infelices anos a coroa é ostentada por Bres, antes de que Dian Cécht lle faga un brazo de prata e recupere o trono. Chega a guerra cos Fomorianos e ten lugar a Segunda Batalla de Moytura. Nuada cae diante de Balor, o Demo do Ollo, pero o seu irmán maior, Lugh do Longo Brazo asasínao e faise rei. Os Tuatha Dé Danann gozan do seu reinado durante cincuenta anos.
# '''A Invasión dos Milesios''': Retómase aquí a historia dos gaélicos, interrompida no libro 2. [[Ite|Íth]], fillo de [[Breogán]], que avistara Irlanda desde unha torre en Hispania, viaxa a Irlanda para coñecer o seu descubrimento. É benvido polos reis, pero nobres envexosos asasínano e o seu cadáver chega a Hispania. Os Milesianos, fillos do seu tío Míl Espáne, planean a súa vinganza e conquistan a illa. Ao chegaren a Irlanda, encamíñanse a Tara, onde está a Corte, para reclamar a coroa. No camiño atópanse con Banba, Fodla e Ériu, tres mulleres que eran as tres raíñas co-rexentes daquelas terras. Cada unha das mulleres dá a benvida aos milesianos, e dinlles que o seu nome é aquel polo cal se coñece aquela terra, e preguntan se sairán vitoriosos da batalla. Un deles, o poeta Amergin, promételles que así será. En Tara son benvidos polos tres reis dos Tuatha Dé Danann, quen defenden a súa vontade de manter unido o reino. Decídese que os milesianos deben volver ás súas naves e distanciarse a nove ondas da costa, de maneira que os Tuatha Dé Danann poidan mobilizar o seu exército. Pero cando os Milesianos están a nove ondas de distancia, os druídas dos Tuatha Dé Danann conxuran unha feroz tormenta. A frota milesiana é afastada, mais Amergin consegue disipar os ventos coa súa poesía. Das naves sobreviventes, as de Éber atracan en Inber Scéine (Kenmare River) no suroeste de Irlanda, mentres que as de Éremón atracan en Inber Colptha (na desembocadura do [[Boyne]]). En dúas batallas en Sliabh Mis e Tailtiu, os Tuatha Dé Danann son derrotados. Son expulsados e o señorío de Irlanda é divido entre Éber e Éremón.
# '''Das Dinastías de Irlanda antes do Cristianismo''': Neste libro enuméranse distintas dinastías lendarias ou semi-históricas desde Éber e Éremon ata o principio do [[século V]].
# '''Das Dinastías de Irlanda despois do Cristianismo''': Este libro continúa coas dinastías cristiás. É o libro con mellor documentación.