Pirra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 12:
[[File:Achilles at Skyros, mosaic from Zeugma.jpg|miniatura|300px|Aquiles xunto as fillas de Licomedes]]
== Aquiles co nome de Pirra ==
Cando se comezou a pensar na [[Guerra de Troia]], [[Aquiles]] quixo participar na expedición. Pero un [[oráculo grego|oráculo]] advertira á nai, [[Tetis (nereida)|Tetis]], que Aquiles morrería nesta guerra e, para evitalo, escondérono na corte de [[Licomedes]], en [[EsciroEsciros]], onde viviu entre as fillas do rei disfrazado de muller. Recibía neste lugar o nome de '''Pirra''' e mesmo tivo un fillo cunha delas, [[Neoptólemo]], ó que chamaron ''Pirro''. Pero o adiviño [[Calcas]] augurara a [[Ulises]] que nunca se conquistaría Troia de non contar coa axuda de Aquiles, polo que Ulises foi á corte de Esciro, disfrazado de comerciante e con agasallos para as fillas do rei: roupas, alfaias, etc., incluíndo tamén unha lanza e un escudo. Tras entregar os regalos, Ulises fixo tocar unha chamada de alarma, e Aquiles non dubidou en romper as súas roupas de muller e coller as armas para saír en defensa do palacio mentres as mulleres fuxían asustadas. Deste xeito desvelou a súa identidade e Ulises convenceuno para acudir á guerra, cumprindo así o seu destino.
 
== Notas ==