Xosé Aldea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: Reversión manual Revertida Edición visual
Xas (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 5696145 de 2.137.146.33 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 4:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Culturgal 2014 equipo.jpg|miniatura|dereita|Equipo do Culturgal 2014.]]
Traballou como mecánico de Renfe en [[Ourense]]. Estableceuse en [[Bade, Vilamaior, Sarria|Bade]] ([[Vilamaior, Sarria]]) onde montou unha gandaría ecolóxica de carne coa súa muller. Socio fundador e director da editorial e consultoría cultural [[Ouvirmos]]. É coordinador xeral e director da feira [[Culturgal]] desde 2013 e forma parte do Padroado da [[Fundación Celso Emilio Ferreiro]] en calidade de director técnico. Foi vicepresidente da [[Asociación Galega de Editores]] desde 2014 até 2016 e membro desde o 2008 da Asociación Galega de Empresas Musicais<ref>[https://es.linkedin.com/in/jos%C3%A9-manuel-aldea-moscoso-77713026 CV do persoeiro]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} en LinkedIn {{es}}.</ref>.
 
Desde finais dos anos 1980 participa como promotor e activista cultural en organizacións non gobernamentais relacionadas coa lingua e a cultura. No ano 1998 encargouse da produción executiva de ''A feira das mentiras'', o macroespectáculo galego de [[Manu Chao]], realizado en [[Santiago de Compostela]]. Foi socio fundador de ''Lonxa Cultural'', primeira distribuidora dixital de produtos musicais galegos (2007){{Cómpre referencia}}. Coordinou por encargo da [[Xunta de Galicia]] a programación das actividades da delegación galega na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires (2016). Exerceu de director no Teatro Colón da Coruña na temporada 2017/2018. No ano 2019 realizou o deseño, conceptualización e xestión de Audacia: Festival de Artes e emprendemento<ref>[https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/audacia-festival-de-artes-e-emprendemento-xacobeo-21 Audacia, Festival de Artes e emprendemento]</ref> para a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.