Diferenzas entre revisións de «A Sariña, Chantada»

m
Category->Categoría
m (Ortografía)
m (Category->Categoría)
A pesar de se tratar dunha pequena aldea, destaca a súa fermosa igrexa, coñecida como "Igrexa de Santa María da Sariña". Construida na primeira metade do século XVIII, presenta planta e ábside rectangulares. Os muros son de cantería de granito e a cuberta a dúas augas. A fachada, que se remata cunha espadaña de dous vanos, responde a características barrocas, cun frontón partido pola espadaña e un gran óculo central. No lado norte atopamos un altar exterior adosado ó muro, cunha imaxe da Virxe sobre un podium, todo isto en pedra. Dentro impresiona o maxestuoso altar que a domina. Esta igrexa surxiu en principio como unha ermita de peregrinación. Era coñecida ata hai ven pouco a romaría do día nove de setembro, que actualmente vai a menos a pesar dos esforzos dos escasos párrocos para atender as numerosas parroquias da zona.
 
[[CategoryCategoría:Chantada|Sariña, A, Chantada]]
61.374

edicións