Domingo Fontán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 91.116.185.164 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Etiqueta: Reversión
Stoni (conversa | contribucións)
Liña 10:
Pasou boa parte da súa vida vencellado á [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde primeiramente cursou os estudos de [[Filosofía]], matriculándose ao longo dos anos en Leis e Cánones, [[Ciencias exactas]] e [[Teoloxía]] e foi discípulo de [[Xosé Rodríguez González|José Rodríguez González]], "o matemático de [[Bermés, Lalín|Bermés]]". En [[1811]] comezou a súa carreira de profesor como substituto do catedrático de [[Retórica]] e durante o curso [[1813]]-[[1814|14]] substituíu o titular da cátedra de [[Lóxica]] e [[Metafísica]]. Foi procesado pola [[Real Audiencia de Galicia|Real Audiencia]] en 1814; en 1815 restituíronlle os seus dereitos.<ref name="APUNTES"/>
 
En [[1817]] comezou os seus traballos de medición para realizar a [[Carta xeométrica de Galicia]], labor ao que consagrou dezasete anos da súa vida e polo que é lembrado hoxe en día. Durante o [[Trienio liberal]] foi secretario da Deputación Provincial de Galicia. En [[1834]] rematou os traballos da carta e presentouna oficialmente á Raíña Gobernadora, [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]], quen mandou imprimila, se ben non se puido realizar esta tarefa ata o ano [[1845]] en [[París]].<ref name="APUNTES"/> Este foi o primeiro [[mapa]] realizado en [[España]] con métodos científicos e medicións [[matemáticas]].
 
Foi elixido deputado polo [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]] pola [[provincia de Pontevedra]] en [[1837]], ocupando este posto ata [[1843]], ano no que se retirou. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos [[Foro (contrato)|foros]] e na loita contra o [[caciquismo]]. Non obstante, o seu [[liberalismo]] valeulle a perda da súa cátedra universitaria até en dúas ocasións.<ref>[[Miguel-Anxo Murado]] (2008). ''Otra idea de Galicia'', p. 11. Debate. ISBN 978-84-8306-771-0.</ref> Foi [[bibliotecario]] primeiro e presidente despois (de 1860 a 1861) da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago.<ref name="ECONOMICA">[http://www.economicadesantiago.org/ficha.aspx?id=148 Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago]