Usuario:Viascos/Traballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
Viascos (conversa | contribucións)
Liña 40:
A Terra proporciona recursos que son explotados polos seres humanos con diversos fins. Algúns destes son [[recurso non renovable|recursos non renovables]], tales como os [[combustible fósil|combustibles fósiles]], que son dificilmente renovables a curto prazo.
 
Da codia terrestre obtéñense grandes depósitos de [[Combustible fósil|combustibles fósiles]], consistentes en [[carbón]], [[petróleo]] e [[gas natural]]. Estes depósitos son utilizados polos seres humanos para a produción de enerxía, e tamén como materia prima para a produción de substancias químicas. Os corpos minerais tamén se formaron na codia terrestre a través de distintos procesos de [[Xeoquímica|mineraloxénese]], como consecuencia da erosión e dos procesos implicados na [[tectónica de placas]].<ref name="mnpl_utx2006"/> Estes corpos albergan fontes concentradas de varios metais e outros [[Elemento químico|elementos]] útiles.
 
A biosfera da Terra produce moitos produtos biolóxicos útiles para os seres humanos, incluíndo (entre moitos outros) alimentos, madeira, [[fármaco]]s, osíxeno, e a reciclaxe de moitos residuos orgánicos. O [[ecosistema]] terrestre depende da capa superior do chan e da auga doce, e o ecosistema oceánico depende da achega de nutrientes disoltos desde terra firme.<ref name="science299_5607_673"/> Os seres humanos tamén habitan a terra usando [[material de construción|materiais de construción]] para construír refuxios.