Diferenzas entre revisións de «José Ramón Ónega»

un datiño máis
(arranxo referencia)
(un datiño máis)
 
==Traxectoria==
Fillo do xuíz municipal José Ramón Ónega Lenza e Angelita López Lodos<ref name=":0" />, debutou no xornalismo con colaboracións infantís con ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', como correspondente en Mosteiro<ref>{{Cita web|título=Perfil. Ónega, una vida entre el periodismo y la política|url=https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/perfil-onega-vida-periodismo-politica/202102071256311484803.html|páxina-web=El Progreso de Lugo|data=2021-02-07|data-acceso=2021-02-07|lingua=es|nome=El Progreso de|apelidos=Lugo}}</ref>. Licenciouse en [[Dereito]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1962]], e mentres estudaba colaboraba como xefe do departamento de información do [[Sindicato Español Universitario]], co xornal [[La Noche|''La Noche'']]<ref>{{Cita web|título=Fallece por COVID José Ramón Ónega, tras una apasionante vida dedicada a la función pública|url=https://www.elcorreogallego.es/galicia/fallece-por-covid-jose-ramon-onega-tras-una-apasionante-vida-dedicada-a-la-funcion-publica-YD6317230|páxina-web=www.elcorreogallego.es|data=7/2/2021|lingua=es-ES}}</ref>. Nese tempo iniciou a súa carreira política, que continuou ao entrou a traballar como técnico na administración do estado no [[Ministerio do Interior de España|ministerio do Interior]] [[Goberno de España|español]]. Trasladouse a vivir a [[Madrid]], onde residiría a maior parte da súa carreira profesional, e colexiouse como avogado tamén nesa cidade. Nos anos finais da ditadura foi profesor dunha materia introdutoria ao Dereito Público e Privado na [[Universidade Complutense de Madrid|Universidade Complutense]] (1974-76).
 
Ónega comezou a ter presenza pública cando durante a transición ocupou cargos de relevancia política. Cos gobernos de [[Adolfo Suárez]] e [[Joaquín Calvo Sotelo|Joaquín Calvo-Sotelo]] foi subdirector xeral de Política Interior (1977), subdirector xeral do Gabinete Técnico da Subsecretaría de Orde Pública (1978) e despois [[gobernador civil]], primeiro en [[Provincia de Zamora|Zamora]] (1979) e logo en [[Biscaia]] (1982).
 
==Vida persoal==
Era o irmán máis vello de [[Fernando Ónega]], e tío da xornalista e presentadora [[Sonsoles Ónega]]. Tamén tivo un irmán máis novo, que finou sendo un pícaro<ref name=":0">{{Cita web|título=Ónega, gobernador de Vizcaya en los años del plomo|url=http://bitacoradecora.galiciae.com/?p=17960|páxina-web=A Bitácora de Cora|data-acceso=2021-02-07|lingua=es-ES|apelidos=[[José de Cora|De Cora]]|nome=José}}</ref>.
 
Casou en [[1966]] con María Esther Coladas-Guzmán, coa que tivo tres fillos<ref name=":0" />.
 
Faleceu como consecuencia da [[COVID-19]].