Diferenzas entre revisións de «Cándido del Río Giménez»

Engadidos
(Engadidos)
(Engadidos)
Estudou farmacia, tendo farmacia propia, cando menos ata [[1883]], na localidade valisoletana de [[Arrabal de Portillo]]. En [[1882]] presentou a unha exposición un libro sobre contabilidade farmacéutica, que obtivo nela unha medalla, e finalmente publicouna ao ano seguinte, dedicada ao Ilustre Colexio de Farmacéuticos de [[Madrid]]<ref>{{cita novas |título=El Sr. D. Cándido del Río... |xornal=El Día |lugar=Madrid |data=1-9-1883 |páxina=2 |url=http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0002159403&page=3&search=%22c%C3%A1ndido+del+rio%22&lang=ga |lingua=es}}</ref><ref>{{cita novas |título=Sección Oficial |xornal=La Farmacia Española |lugar=Madrid |data=29-11-1883 |páxina=758 |url=https://bibliotecavirtual.ranf.com/i18n/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=2012374 |lingua=es}}</ref>. Algúns anos máis tarde trasladouse a Baiona, onde abriu unha farmacia na que traballou varios anos, ata que a puxo á venda en [[1891]]<ref>{{cita novas |título=Botica |xornal=[[Gaceta de Galicia]] |lugar=[[Santiago de Compostela]] |data=2-12-1891 |páxina=3 |url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1070765&posicion=3&presentacion=pagina |lingua=es}}</ref>. Pouco tempo despois trasladouse a [[Bouzas, Vigo|Bouzas]], onde pertenceu á primeira xunta directiva alí constituída da Asociación da Cruz Vermella, en xuño de [[1894]], co cargo de secretario<ref>{{cita novas |título=En la villa de Bouzas... |xornal=Gaceta de Galicia |lugar=Santiago de Compostela |data=10-6-1894 |páxina=2 |url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1071503&posicion=2&presentacion=pagina |lingua=es}}</ref>, poucos meses despois de ter falecido a súa dona. Así mesmo, foi farmacéutico en Bouzas<ref>{{cita novas |título=Notas necrológicas |xornal=[[Galicia. Diario de Vigo]] |data=16-1-1923 |páxina=6 |url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1142427&posicion=6&presentacion=pagina |lingua=es}}</ref>, onde desenvolveu o oficio até a súa morte.
 
Na súa xuventude, mentres aínda vivía en Valladolid, foi correspondente da revista ''Semanario Farmacéutico''. Esta faceta xornalística continuouna ao ser nomeado director do periódico ''[[El Miñor]]'' de [[Baiona]], onde figurou con este cargo desde o número 47, de [[7 de outubro]] de [[1905]], ata o seu peche en [[1911]]. Tamén foi profesor das [[Escolas Pro-Valle Miñor]], nas que foi nomeado profesor auxiliar de 1º grao o [[13 de xaneiro]] de [[1913]]<ref>{{cita libro |título=Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia |autor=VV.AA. |ano=2012 |isbn=978-84-92923-43-4 |url=http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2013_Luces-de-Alen-Mar-As-escolas-de-americanos-en-Galicia-Edicion-revisada-e-ampliada.pdf |páxina=95}}</ref>. Curiosamente, estivo como correspondente da revista viguesa [[Vida Gallega]] no acto de inauguración deste centro educativo o [[4 de maio]] de [[1909]]<ref>{{cita novas |título=Pro Valle Miñor. Inauguración de la Escuela Práctica |xornal=Vida Gallega |lugar=Vigo |apelidos=Del Río Giménez |nome=Cándido |data=xuño 1909 |páxina=31 |url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1170994&posicion=31&presentacion=pagina |lingua=es}}</ref>, onde tirou un feixe de fotos, xa que tamén foi fotógrafo afeccionado.
 
== Vida persoal ==
11.749

edicións