Néstor (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
== Mito ==
Néstor foi un [[argonauta]], loitou contra os [[centauro]]s e participou na caza do [[xabarínxabaríl de Calidón]]. El e os seus fillos Antíloco e Trasimedes loitaron xunto cos [[aqueos]] na [[Guerra de Troia]]. Aínda que Néstor xa era ancián cando a guerra comezou, contando presuntamente con 110 anos, destacou pola súa bravura e as súas habilidades dialécticas. Na ''[[Ilíada]]'' aconsella acotío ós guerreiros máis novos, e recomenda a [[Agamenón]] e [[Aquiles]] que se reconcilien. Sendo demasiado vello para participar nas batallas, dirixiu ás tropas de Pilos, conducindo o seu carro, sendo un dos seus cabalos morto alcanzado por unha frecha de [[Paris]]. Tamén era dono dun sólido escudo de ouro. [[Homero]] refírese a el frecuentemente co [[epítetos homéricos|epíteto]] «cabaleiro xerenio». Nos xogos funerarios de [[Patroclo]], Néstor aconsellou a Antíloco sobre como gañar na carreira de carros.
 
Aínda que Homero intenta claramente que os seus lectores vexan a Néstor como unha figura de ancián estadista digno de respecto, hai ocasionais momentos de humor á súa costa na ''Ilíada'', pois calquera consello que dá ós demais combatentes adoita servir de escusa para soltar ós seus oíntes un locuaz e prolixo relato dos seus antigos momentos de gloria en circunstancias parecidas. Homero nunca chega a calificalo de pesado, pero o lector queda coa impresión de que así o considera malia todo.