Deméter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
{{1000 artigos icona título|materia=Cultura clásica}}
[[Ficheiro:Demeter Altemps Inv8596.jpg|miniatura|Busto de Deméter.]]
'''Deméter''' (en [[Lingua grega antiga|grego antigo]] Δημήτηρ ou Δημητρα, ‘deusa nai’) é a [[mitoloxía grega|deusa grega]] da [[agricultura]], e protectora do [[matrimonio]] e a lei sagrada. Era louvada como a «portadora das [[Estación do ano|estacións]]» nun [[himno homérico]], un sinal de que era adorada moito antes da chegada dos [[deuses olímpicos|olímpicos]]. O [[himno homérico]] a Deméter foi datado sobre o século -VII. Xunto coa súa filla [[Perséfone]], eran as personaxes centrais dos [[misterios eleusinos]] que tamén precederon ó panteón olímpico.
 
Na [[mitoloxía romana]] asociábase a Deméter con [[Ceres (deusa)|Ceres]]. Cando se lle deu a Deméter unha xenealoxía, díxose que era filla dos [[Titán (mitoloxía)|titáns]] irmáns [[Cronos]] e [[Rea (deusa)|Rea]] (ambos fillos de Xea e Urano), e polo tanto irmá maior de [[Zeus]]. Con este tivo unha filla, [[Perséfone]], raíña do inframundo.