28 Days Later: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
corrixo *londinense por londiniense
Liña 30:
A historia comeza cando unha incursión de activistas a favor dos dereitos dos animais ceiba a un grupo de monos infectados cun contaxioso virus que se transmite a través do sangue e a saliva. Mais o virus acabarase estendendo por todo o [[Reino Unido]], transformando a case a totalidade da poboación en seres violentos e primitivos, e obrigando a declarar unha corentena total sobre a illa.
 
O protagonista, Jim ([[Cillian Murphy]]) desperta dun coma nun hospital [[Londres|londinenselondiniense]] 28 días despois de iniciarse a [[pandemia]]. Ao saír, Jim descobre un [[Londres]] deserto e apocalíptico. Ao anoitecer, Jim acaba sendo perseguido por un grupo de infectados, a atoparase con Selena e Mark, dous sobreviventes, que se dan desfeito dos infectados. Mark e Selena levan a Jim ao seu agocho no [[Metro de Londres]]. Mark explícalle a Jim como se expandiu o virus mutante polo Reino Unido arrasando todo, especialmente en Londres. Ao día seguinte, o grupo vai á casa de Jim e descobren que os padres de Jim, nun último intento de non ser infectados, se suicidaron. Ao anoitecer, uns infectados entran na casa; Mark e Selena logran matalos, mais Mark cortouse cun vidro, así que Selena execútao antes de que se converta nun infectado. Selena explícalle a Jim como o virus se contaxia por mordeduras, sangue e saliva, e que o virus tarda só 20 segundos en facer efecto.
 
Logo, tras ver unhas luces, chegan a un edificio de apartamentos abandonado onde coñecen a Frank e á súa fila Hannah. Fican con eles uns días e cando a auga e a comida comezan a escasear, Frank failles escoitar a Jim e Selena un anuncio por radio do exército que ofrece seguridade e un novo comezo, así que intentan dirixirse ao norte cara [[Manchester]], o que lles levará 3 días. Cando chegan, encontran todos os helicópteros e autos militares baleiros. Frank acaba infectado polo virus nun accidente, caéndolle unha gota de sangue dun infectado que estaba morto recostado nunha planta superior, ao ollo deste. Cando Jim estaba a punto de golpear a Frank infectado aparecen militares para disparar e matar a Frank. A situación na mansión que utilizan como refuxio non é boa, xa que o plan dos militares inclúe converter ás compañeiras de Jim en escravas sexuais para repoboar a terra cando os infectados teñan morto por inanición. Jim e as súas compañeiras conseguen escapar, mais Jim é gravemente ferido por un disparo.