Diferenzas entre revisións de «Georgii Zhukov»

Fillo de labregos de etnia rusa asolada pola pobreza en [[Strelkovka]]. O seu pai Konstantin, que quedara orfo aos dous anos e foi adoptado por Anuska Zhukova, era zapateiro. A súa nai Ustin'ya traballaba no agro. Dicíase que Zhúkov parecíase á súa nai e cría que herdara dela a súa forza física; supostamente, Ustin'ya era capaz de realizar tarefas esixentes como levar sacos de grans de 200 libras a grandes distancias.<ref name=":0">{{Cita libro|título=Stalin's general : the life of Georgy Zhukov|url=https://www.worldcat.org/oclc/793689868|editorial=Icon|data=2012|lugar=London|ISBN=978-1-8483-1443-6|OCLC=793689868|apelidos=Roberts, Geoffrey, 1952-|nome=|ano=|ref=}}</ref> Nunha época na que a maioría dos membros das clases traballadoras e pobres de Rusia completaban só dous anos de escolarización, Zhúkov completou o curso de educación primaria de tres anos na escola da súa cidade natal. Despois foi aprendiz de peleteiro en Moscova co irmán da súa nai Mikhail.<ref name=":0" />
 
Mentres traballaba para o seu tío, Zhúkov complementou a súa educación lendo co seu curmán Alexander sobre unha ampla gama de temas, como [[lingua rusa]], [[lingua alemaalemá]], ciencia, xeografía e matemáticas. Ademais, matriculouse nunha escola nocturna onde completou cursos a medida que llo permitía o traballo na tendo do seu tío. Completou a súa aprendizaxe en 1914 e creou o seu propio negocio con tre empregados baixo o seu liderazgo.<ref name=":0" />
 
=== Primeira guerra mundial ===
En 1915, Zhúkov foi recrutado polo Exército Imperial Ruso e incorporado ao cuertel de Maloiaroslavets. Serviu no 10º Rexemento de Dragóns de Novgorod, e foi ferido en acción contra os alemáns en [[Kharkiv]]. Durante a primeira guerra mundial Zhúkov foi premiado coa Cruz de San Xurxo dúas veces, e foi ascendido ao rango de subofiacial pola súa valentía en batalla.
 
Ingresou na academia de oficiais de cabalería por méritos propios ao non ser aristócrata. Foi condecorado en varias ocasións na [[Primeira Guerra Mundial]]. Participou como bolxevique na guerra civil rusa e foi condecorado por esmagar un levantamento labrego branco.
 
64.026

edicións