Sistema nervioso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m máis intro de en:nervous system
Etiqueta: edición de código 2017
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
O '''sistema nervioso''' é unha parte altamente complexa dos [[animais]], constituída de [[Tecido (bioloxía)|tecidos]] e [[órgano (bioloxía)|órganos]], que coordina as súas [[Comportamento|accións]], voluntarias e involuntarias, e a información [[Sentido (bioloxía)|sensorial]], mediante a transmisión de [[Impulso nervioso|sinais]] entre as diferentes partes do [[Ser vivo|organismo]]. O ''sistema nervioso'' transmite os impulsos necesarios para os movementos dos [[músculo]]s e a realización das diversas funcións; e recibe, tanto do propio organismo como do mundo externo, as sensacións e os estímulos; respondendo, xunto co [[sistema endócrino]], a tales eventos.<ref>{{Cita libro |título=Principles of Anatomy and Physiology |apelidos1=Tortora |nome1=G.J. |apelidos2=Derrickson |nome2=B. |editorial=J. Wiley |ano=2016 |isbn=978-1-119-34373-8 |edición=15ª |lingua=en}}</ref> O [[tecido nervioso]] aparece por primeira vez nos [[Biota ediacarana|organismos semellantes a vermes]] que xurdiron arredor de 550 a 600 millóns de anos atrás. Na maioría das especies animais, está composto por dúas partes principais: o [[sistema nervioso central]] (SNC) e o [[sistema nervioso periférico]] (SNP).
 
O sistema central está formado polo [[encéfalo]] e a [[medula espiñal]]. Todas as partes do encéfalo e da médulamedula espiñal están envoltas por tres membranas de [[tecido conxuntivo]] - as [[meninxe]]s. O encéfalo, principal centro de control, está constituído por [[cerebro]], [[cerebelo]], [[tálamo]], [[hipotálamo]] e [[bulbo raquídeo]].
 
O sistema periférico constitúese principalmente de [[nervio]]s, que son feixes de [[axón]]s que ligan o sistema nervioso central a todas as outras partes do corpo. O SNP inclúe: [[motoneurona]]s, que interveñen no movemento voluntario; o [[sistema nervioso autónomo]], comprendendo o [[sistema nervioso simpático]] e o [[sistema nervioso parasimpático]], que regulan as funcións involuntarias; e o [[sistema nervioso entérico]], que controla o [[aparello dixestivo]].
Liña 25:
Por outra banda, un estudo xenético realizado por [[Casey Dunn]] no ano 2008 considéranse nun nodo os triblásticos e noutro os cnidarios e os poríferos dentro dun gran grupo irmán dos [[ctenóforo]]s<ref name="dunn">{{Cita publicación periódica|apelidos=Dunn |nome=C.W.|apelidos2=''et al.'' |data=abril de 2008 |título=Broad phylogenomic sampling improves resolution of the animal tree of life |publicación=Nature |volume=452 |páxinas=745-749 |doi=10.1038/nature06614}}</ref> de forma que durante a evolución as esponxas mostraron unha serie de reversións cara á simplicidade, o que implicaría que o sistema nervioso se inventou unha soa vez (sería homólogo en todos os animais) se o antergo metazoo común foi máis complexo, ou ata en tres ocasións (ou sexa, sería [[homoplasia|homoplásico]]) se ese antepasado fose máis simple nunha especie de [[converxencia evolutiva]] entre ctenóforos, cnidarios e triblásticos. Outra opción é que numerosos xenes e vías do desenvolvemento orixinadas na base dos animais bilaterais se herdasen en cada liña principal dos animais, e empregadas de xeito independente nestes, na formación do sistema nervioso central (fenómeno denominado homoloxía profunda)<ref name="complejos">{{Cita web |url=http://www.nsf.gov/news/news_summ.jsp?org=NSF&cntn_id=111408&preview=false |título=And the First Animal on Earth Was a... |apelidos=Lily Whiteman, Zina Deretsky, Patrick Herendeen, National Science Foundation |data=10 de abril de 2008 |lingua=en|cita=But even after Dunn's team checked and rechecked their results and added more data to their study, their results still suggested that the comb jelly, which has tissues and a nervous system, split off from other animals before the tissue-less, nerve-less sponge.}}</ref>
 
Nos animais [[triblásticos]] ou [[bilaterales]], un grupo [[monofilético]], existen dous tipos de plans corporais chamados [[protóstomos]] e [[deuteróstomos]] que posúen á súa vez tres tipos de disposicións do sistema nervioso sendo estes os [[cicloneuros]], os [[hiponeuros]] e os [[epineuros]].<ref name="boletin_españa">Real Sociedad Española de Historia Natural, Instituto de Ciencias Naturales José de Acosta, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (Spain); [http://books.google.com.mx/books?id=YQAhAQAAIAAJ&dq=isoquilia+nototenia Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural: órgano del Instituto de Ciencias Naturales José de Acosta], volumes 65-66, Páginapáxina 355</ref><ref name="protostomos">{{Cita libro |editorial=Campañía Internacional Editora |url=http://books.google.com/books?id=gxnlAAAAMAAJ&q=insectos+hiponeuros&dq=insectos+hiponeuros&hl=es&cd=3 |título=Enciclopedia temática Ciesa: Zoología, agronomía, veterianaria y zootecnica |páxina=37 |volume=3 |data=1967}}</ref> Unha diferenza esencial é que en protostomados e deuterostomados o sistema nervioso central se atopa en posicións invertidas. Durante moitos anos considerouse que estas e outras diferenzas indicaban plans corporais e SNC esencialmente distintos, pola posición relativa do SNC, do sistema dixestivo e do vaso circulatorio principal. Porén, diversos estudos moleculares efectuados dende a década de 1990, mostran que a rexión dorsal dos vertebrados estaría orixinada pola inversión do eixe corporal dorsal ventral atopado nos protostomados (que sería o orixinal). É dicir, os xenes que determinan a identidade da rexión dorsal dun vertebrado son os mesmos que os que determinan a identidade ventral nun protostomado. E isto leva a que se expresen os xenes de diferenciación do neuroectodermo, que finalmente dará orixe ao sistema nervioso central, dorsal en vertebrados, ventral en protostomados. Con todo, a discusión sobre a homoloxía do SNC é moi intensa, cambiando constantemente a dirección con novos datos logrados e interpretacións contrapostas.<ref>Véxase por exemplo Nomaksteinsky ''et al.''; Moroz e Tomer ''et al.'' (30) para diferentes visións sobre o tema.</ref>
 
== Notas ==