Mars Climate Orbiter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m Arranxo referencias
Agremon (conversa | contribucións)
precisión e cita
Liña 48:
 
== Características ==
Mars Climate Orbiter foi parte do proxecto ''Mars Surveyor '98'', que consistía nun orbitador (''Mars Surveyor '98 Orbiter'', o propio Mars Climate Orbiter) e nun aterrizador (''Mars Surveyor '98 Lander'', logo coñecida como [[Mars Polar Lander]]). O proxecto pretendía estudar a [[meteoroloxía]] marciana e o ciclo da [[auga]] e do [[dióxido de carbono]] en Marte.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/><ref name=gunter/> O seu prezo aproximouse ós 125 millóns de dólares.<ref name=":0">{{Cita web|título=El día que la NASA estrelló una sonda en Marte porque alguien se olvidó de usar el sistema métrico|url=https://www.xataka.com/espacio/dia-que-nasa-estrello-sonda-marte-porque-alguien-se-olvido-usar-sistema-metrico-1|páxina-web=Xataka|data=2021-01-29|data-acceso=2021-02-02|lingua=es|nome=Cristian|apelidos=Rus}}</ref>
 
A estrutura principal tiña forma de caixa de 2,1 m x 1,6 m x 2,0 m albergando os equipos electrónicos e de propulsión. A masa na engalaxe da sonda era de 629&nbsp;kg, dos cales 291&nbsp;kg eran de propelente. A alimentación eléctrica era proporcionada por un [[panel solar]] de 11 m² de superficie e 5,5 m de longo. As comunicacións principais tiñan lugar grazas á [[antena]] de alta ganancia, formada por unha parabólica de 1,3 m de [[diámetro]], ademais de por antenas para [[UHF]] coas que comunicarse coa Mars Polar Lander. O sistema de propulsión tiña un [[Motor foguete|motor]] bipropelente de 640 [[Newton (unidade)|N]] de [[pulo]].<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/><ref name=gunter/>
 
== Desenvolvemento da misión ==
O Mars Climate Orbiter lanzouse o 11 de decembro de 1998 ás 18:45:41 [[UTC]] mediante un Delta 7425 desde Cabo Cañaveral. A sonda voou ata Marte sen alteración ningunha, pero o 23 de decembro de 1999, no descenso ó planeta,<ref name=":0" /> un erro de navegación que se orixinou ao confundir o aparataxe subministrado pola empresa [[Lockheed Martin]] unidades do [[sistema imperial británico]] e do [[sistema métrico]] fixo que o achegamento ao planeta se fixera a unha altitude demasiado baixa, co que en lugar dunha aproximación a entre 140 e 150&nbsp;km da superficie do planeta, MCO pasou a 57&nbsp;km da superficie, destruíndose pola fricción coa [[atmosfera]] marciana.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/><ref name=gunter/> Nembargantes, non está claro que o resultado final fora outro, como o afastamento do planeta ó achegarse tanto ó mesmo.<ref name=":0" />
 
== Notas ==