Wikipedia:Votacións/Títulos das profesións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 165:
{{sen sangría}} Non quería posicionarme e tentei ser o máis neutral posible na miña exposición, pero en resposta á consulta de [[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]] daréis a miña opinión. Creo que a única vía posible é a aplicación literal da política de votacións, isto é contar os votos válidos e aplicar a opción escollida pola maioría da comunidade, polo que ningún dos dous votos sería válido: o de Ocarteiro por non cumprir os requisitos, e o de Atobar porque realmente non foi emitido, o reconto dos votos debe ser contar os puntos verdes e ver que opción ten máis (neste caso, nunha votación normal contariamos os verdes e os vermellos e calculariamos a porcentaxe), os comentarios son comentarios, non votos, polo que non considero que nin tan sequera se poida plantexar a posibilidade de contar un voto de Atobar nesta pregunta. Ademais crearíase un precedente que podería ser aplicado no futuro, pasando a interpretar comentarios como votos e deste xeito interpretar a política a conveniencia de cada quen, penso que isto podería ser unha fonte importante de conflitos no futuro que ameazaría a boa convivencia neste proxecto, algo que non pasaría (en principio) aplicando a política de xeito literal. Penso ademais que facer unha excepción contabilizando o comentario de Atobar e non contabilizando o voto de Ocarteiro (insisto en que ningún deles é válido), podería entenderse como un agravio comparativo. En contra de aceptar o comentario de Atobar como voto válido argumentar tamén que nunca na historia da Galipedia se considerou un comentario dentro dunha votación formal como un voto. Entendo que Atobar teña a súa idea respecto da pertinencia ou non da segunda pregunta, mais isto é unha opinión personal súa e do mesmo xeito que hai Wikipedias cuxas comunidades toman decisións contrarias aos principios da Wikipedia (véxase o tratamento de imaxes con dereitos de autoría en Wikipedias como a inglesa, a alemá, a italiana, e tantas outras) a Galipedia ten independencia para tomar as súas propias decisións, independentemente da Wikipedia ou da RAG se a comunidade considera que son medidas positivas para a enciclopedia e para as persoas que a consulten. Non me parece correcto argumentar a pertinencia ou non dunha votación facendo alusión a unhas políticas e logo saltarse as políticas á hora de recontar votos. Dito isto, e respectando que Atobar non considere pertinente facer esta pregunta, o certo é que a maioría das persoas que participaron na votación si a consideraron pertinente e mostraron o seu apoio a unha das dúas opcións, Atobar ben puido ter feito como [[Usuario:Norrin strange|Norrin]], quen a pesar de non concordar sequera con aplicar títulos duplos, amosou o seu apoio á opción que consideraba máis correcta en caso de saír aprobada a proposta. Un saúdo, [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 2 de febreiro de 2021 ás 07:40 (UTC)
:Vou opinar malia ser parte interesada. Pola parte dos votos de [[Usuario:Ocarteiro]], cómpre revisar os votos nesta votación e noutras xa pechadas, e facer de novo a conta: os seus votos non poden ser contabilizados pois contraveñen directamente a política de Votacións. Penso que é un caso totalmente distinto ao de [[Usuario:Atobar]], que pode votar e que dixo explicitamente na primeira parte da votación "A orde dos elementos debe ser a que estipula o DRAG". Polo tanto, ao meu ver, cómpre ter en conta o seu voto, pedíndolle, iso si, que sexa máis explícito no futuro. --[[Usuario:Norrin strange|Norrin]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fálame]])</sup> 2 de febreiro de 2021 ás 07:48 (UTC)
::[[Usuario:Norrin strange|Norrin]], coas políticas na man Atobar non participou na votación, non emitiu ningún voto, comentar nunha votación non supón votar noutra, de feito non votou porque consideraba que non debía facerse esa pregunta, pero as normas son as que son, e os votos se emiten como se emiten e sempre foi do mesmo xeito (poñendo un <code><nowiki>{{Concordo}}</nowiki></code> ({{Concordo}}) na votación). [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 2 de febreiro de 2021 ás 07:55 (UTC)