Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Votacións/Títulos das profesións»

:::::Coido que a segunda votación debe pecharse para evitar que se emitan máis votos, ao se cumprir xa o prazo, se ben pode haber dúbidas no cómputo. Houbo dezaseis votos explícitos (sete a favor, sete en contra, un neutro e un nulo), mais houbo tamén un implícito do [[Usuario:Atobar]], expresado nos comentarios. Presumindo a boa fe, eu sería partidario de contabilizar este "voto implícito", a pesar de non adecuarse ao expresado en [[Wikipedia:Votacións]]. De se aceptar esta visión, quedaría aprobada a segunda proposta (empregar primeiro o masculino e despois o feminino); de non se aceptar, entendo que habería que repetir a votación, pois a disxuntiva non era "ou se aproba a proposta ou se rexeita", senón que era "ou se aproba unha proposta ou se aproba a outra".<br />Xa que logo, procedo a pechar a votación, mais considero correcto agardar a coñecer a opinión doutros membros da comunidade -participasen ou non nesta votación, así como do propio implicado- en canto a ter en conta ou non como válido o voto de Atobar, para en función diso aplicar a proposta 1 ou repetir a votación. Un saúdo! --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|fálame aquí]]</sup> 2 de febreiro de 2021 ás 03:25 (UTC)
{{sen sangría}} Non quería posicionarme e tentei ser o máis neutral posible na miña exposición, pero en resposta á consulta de [[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]] daréis a miña opinión. Creo que a única vía posible é a aplicación literal da política de votacións, isto é contar os votos válidos e aplicar a opción escollida pola maioría da comunidade, polo que ningún dos dous votos sería válido: o de Ocarteiro por non cumprir os requisitos, e o de Atobar porque realmente non foi emitido, o reconto dos votos debe ser contar os puntos verdes e ver que opción ten máis (neste caso, nunha votación normal contariamos os verdes e os vermellos e calculariamos a porcentaxe), os comentarios son comentarios, non votos, polo que non considero que nin tan sequera se poida plantexar a posibilidade de contar un voto de Atobar nesta pregunta. Ademais crearíase un precedente que podería ser aplicado no futuro, pasando a interpretar comentarios como votos e deste xeito interpretar a política a conveniencia de cada quen, penso que isto podería ser unha fonte importante de conflitos no futuro que ameazaría a boa convivencia neste proxecto, algo que non pasaría (en principio) aplicando a política de xeito literal. Penso ademais que facer unha excepción contabilizando o comentario de Atobar e non contabilizando o voto de Ocarteiro (insisto en que ningún deles é válido), podería entenderse como un agravio comparativo. En contra de aceptar o comentario de Atobar como voto válido argumentar tamén que nunca na historia da Galipedia se considerou un comentario dentro dunha votación formal como un voto. Entendo que Atobar teña a súa idea respecto da pertinencia ou non da segunda pregunta, mais isto é unha opinión personal súa e do mesmo xeito que hai Wikipedias cuxas comunidades toman decisións contrarias aos principios da Wikipedia (véxase o tratamento de imaxes con dereitos de autoría en Wikipedias como a inglesa, a alemá, a italiana, e tantas outras) a Galipedia ten independencia para tomar as súas propias decisións, independentemente da Wikipedia ou da RAG se a comunidade considera que son medidas positivas para a enciclopedia e para as persoas que a consulten. Non me parece correcto argumentar a pertinencia ou non dunha votación facendo alusión a unhas políticas e logo saltarse as políticas á hora de recontar votos. Dito isto, e respectando que Atobar non considere pertinente facer esta pregunta, o certo é que a maioría das persoas que participaron na votación si a consideraron pertinente e mostraron o seu apoio a unha das dúas opcións, Atobar ben puido ter feito como [[Usuario:Norrin strange|Norrin]], quen a pesar de non concordar sequera con aplicar títulos duplos, amosou o seu apoio á opción que consideraba máis correcta en caso de saír aprobada a proposta. Un saúdo, [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 2 de febreiro de 2021 ás 07:40 (UTC)
:Vou opinar malia ser parte interesada. Pola parte dos votos de [[Usuario:Ocarteiro]], cómpre revisar os votos nesta votación e noutras xa pechadas, e facer de novo a conta: os seus votos non poden ser contabilizados pois contraveñen directamente a política de Votacións. Penso que é un caso totalmente distinto ao de [[Usuario:Atobar]], que pode votar e que dixo explicitamente na primeira parte da votación "A orde dos elementos debe ser a que estipula o DRAG". Polo tanto, ao meu ver, cómpre ter en conta o seu voto, pedíndolle, iso si, que sexa máis explícito no futuro. --[[Usuario:Norrin strange|Norrin]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fálame]])</sup> 2 de febreiro de 2021 ás 07:48 (UTC)
70.697

edicións