Wikipedia:Votacións/Títulos das profesións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 163:
::::Parece que non son capaz de me expresar ben, non pretendía dicir que houbese mala fe pola túa parte; simplemente se un usuario non cumpre os requisitos non os cumpre, se emprega outro usuario volve empezar (e non houbo un renomeamento por un administrador de Meta ou de onde sexan os que renomean usuarios), a non ser que a comunidade por algún motivo xustificado decida o contrario (por perda de contrasinais por exemplo).--[[Usuario:HacheDous=0|HacheDous=0]] ([[Conversa usuario:HacheDous=0|conversa]]) 1 de febreiro de 2021 ás 22:35 (UTC)
:::::Coido que a segunda votación debe pecharse para evitar que se emitan máis votos, ao se cumprir xa o prazo, se ben pode haber dúbidas no cómputo. Houbo dezaseis votos explícitos (sete a favor, sete en contra, un neutro e un nulo), mais houbo tamén un implícito do [[Usuario:Atobar]], expresado nos comentarios. Presumindo a boa fe, eu sería partidario de contabilizar este "voto implícito", a pesar de non adecuarse ao expresado en [[Wikipedia:Votacións]]. De se aceptar esta visión, quedaría aprobada a segunda proposta (empregar primeiro o masculino e despois o feminino); de non se aceptar, entendo que habería que repetir a votación, pois a disxuntiva non era "ou se aproba a proposta ou se rexeita", senón que era "ou se aproba unha proposta ou se aproba a outra".<br />Xa que logo, procedo a pechar a votación, mais considero correcto agardar a coñecer a opinión doutros membros da comunidade -participasen ou non nesta votación, así como do propio implicado- en canto a ter en conta ou non como válido o voto de Atobar, para en función diso aplicar a proposta 1 ou repetir a votación. Un saúdo! --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|fálame aquí]]</sup> 2 de febreiro de 2021 ás 03:25 (UTC)
{{sen sangría}} Non quería posicionarme e tentei ser o máis neutral posible na miña exposición, pero en resposta á consulta de [[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]] daréis a miña opinión. Creo que a única vía posible é a aplicación literal da política de votacións, isto é contar os votos válidos e aplicar a opción escollida pola maioría da comunidade, polo que ningún dos dous votos sería válido: o de Ocarteiro por non cumprir os requisitos, e o de Atobar porque realmente non foi emitido, o reconto dos votos debe ser contar os puntos verdes e ver que opción ten máis (neste caso, nunha votación normal contariamos os verdes e os vermellos e calculariamos a porcentaxe), os comentarios son comentarios, non votos, polo que non considero que nin tan sequera se poida plantexar a posibilidade de contar un voto de Atobar nesta pregunta. Ademais crearíase un precedente que podería ser aplicado no futuro, pasando a interpretar comentarios como votos e deste xeito interpretar a política a conveniencia de cada quen, penso que isto podería ser unha fonte importante de conflitos no futuro que ameazaría a boa convivencia neste proxecto, algo que non pasaría (en principio) aplicando a política de xeito literal. Penso ademais que facer unha excepción contabilizando o comentario de Atobar e non contabilizando o voto de Ocarteiro (insisto en que ningún deles é válido), podería entenderse como un agravio comparativo. En contra de aceptar o comentario de Atobar como voto válido argumentar tamén que nunca na historia da Galipedia se considerou un comentario dentro dunha votación formal como un voto. Entendo que Atobar teña a súa idea respecto da pertinencia ou non da segunda pregunta, mais isto é unha opinión personal súa e do mesmo xeito que hai Wikipedias cuxas comunidades toman decisións contrarias aos principios da Wikipedia (véxase o tratamento de imaxes con dereitos de autoría en Wikipedias como a inglesa, a alemá, a italiana, e tantas outras) a Galipedia ten independencia para tomar as súas propias decisións, independentemente da Wikipedia ou da RAG se a comunidade considera que son medidas positivas para a enciclopedia e para as persoas que a consulten. Non me parece correcto argumentar a pertinencia ou non dunha votación facendo alusión a unhas políticas e logo saltarse as políticas á hora de recontar votos. Dito isto, e respectando que Atobar non considere pertinente facer esta pregunta, o certo é que a maioría das persoas que participaron na votación si a consideraron pertinente e mostraron o seu apoio a unha das dúas opcións, Atobar ben puido ter feito como [[Usuario:Norrin strange|Norrin]], quen a pesar de non concordar sequera con aplicar títulos duplos, amosou o seu apoio á opción que consideraba máis correcta en caso de saír aprobada a proposta. Un saúdo, [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 2 de febreiro de 2021 ás 07:40 (UTC)