Alamania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Coordenadas|48|24|N|9|12|E|display=title}}
[[Ficheiro:Map Gaul divisions 481-es.svg|miniatura|290px|A Galia en 481.<br> En vermello, o Reino dos alamáns]]
'''Alamania''' (''Alamannia'' en [[Lingua latina|latín]]),<ref>Felix Gaffiot (2000): ''Le Grand Gaffiot. Dictionnaire Latin-Français''. París: Hahette. ISBN 978-2-0116-6765-6.</ref> citada por primeira vez no ano [[289]], tamén chaamada '''Reino bárbaro de Alemaña''', '''Reino de Alemaña''' ou '''Reino dos alamáns''', aínda que non designa un territorio unificado gobernado por un só rei, senón unha confederación de pequenos reinos que cohabitan nunha zona xeográfica, foi un dos reinos [[XermanosPobos xermánicos|xermánicos]] establecidos na [[provincia romana]] da [[Xermania Superior]], con territorios hoxe en [[Suíza]], [[Baden-Württemberg]] e [[Alsacia]].<ref>Grant, Michael (1997): ''A Guide to the Ancient World: A Dictionary of Classical Place Names.'' New York: Barnes and Noble. ISBN 0-7607-4134-4.</ref> Os mapas das ''Tableaux synoptiques del Histoire'' de Maurice Griffe identifícana como a fronteira galorromana de [[Siagrio]] en [[476]]. O Reino dos alamáns estendeuse, por tanto, pola [[Galia]] romana. Toda a súa nobreza morreu nun masacre en [[746]], coñecida como o masacre de Cannstatt ([[Stuttgart]]).
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Alemanni expansion.png|miniatura|290px|Expansión dos alamáns desde o século III ao VI]]
Os alamáns eran orixinariamente unha alianza de varias tribos, todas pertencentes aos xermáns occidentais, que eran, antes de migrar ao rededor do [[río Main]] superior, un dos principais afluentes do [[Río Rin|Rin]], en [[Alemaña]]. Unha das fontes máis recentes é o ''cognomen Alamannicus'' adoptado por [[Caracalla]], que gobernou o [[Imperio Romano]] entre [[211]] e [[217]], e que se proclamou a si mesmo como vencedor destas tibostribos, coas que estableceu unha alianza. A natureza desta alianza segue sendo incerta. A alianza volveuse agresiva e os xermanos atacaron a provincia romana da [[Xermania Superior]] cando tiveron a oportunidade.
 
A partir do [[século I]] o Rin converteuse na fronteira entre a Galia romana e os poblos da Xermania. Os pobos xermanos e [[celtaceltas]]s situábanse a longo das dúas beiras. Estes territorios foron divididos polos romanos en dúas partes: a [[Xermania Superior]] (ao sur) e a [[Xermania Inferior]] (ao norte), ambas pertencentes á zona xeográfica do alto Rin.
 
A Xermania Superior siutábase entre o Rin e o [[Río Danubio|Danubio]] superiores, incluíndo a [[Selva Negra]], e era máis ampla que na actualidade. Os romanos chamárona ''Agri Decumates'' (os Campons Decumanos). O sentido de ''Decumates'' perdeuse e foi obxecto de moitas disputas. Segundo o clasicista inglés Michael Grant, a palabra probabelmente refírese a un termo celta antigo,<ref>Compárese co irlandés antigo ''dechmad''. Hind, J. G. F., "Whatever Happened to the 'Agri Decumates'?" ''Britannia'' '''15''', 1984, p. 188.</ref> indicando a división política da rexión en 'dez cantóns'. A única referencia antiga ao nome ''Agri Decumates'' aparece no libro de [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] ''Germania''.<ref>Tácito, ''Germ''. 29,3: ''Non numeraverim inter Germaniae populos, quamquam trans Rhenum Danuviumque consederint, eos qui decumates agros exercent. Levissimus quisque Gallorum et inopia audax dubiae possessionis solum occupavere; mox limite acto promotisque praesidiis sinus imperii et pars provinciae habentur''.</ref>
 
Os romanos crearon o ''[[Limites romani|limes]]'' de Xermania, un conxunto de fortificacións establecidas na beira oeste do Rin, na provincia de Xermania Superior. Os guerreiros alamáns atravesaron a miúdo o ''limes'' para saquearen a provincia e logo retirarse aos Campos Decumanos despois de feitas as súas incursións. Pero foi na forma de confederación en que se asentaron, ao final do [[século IV]], na meseta suíza e en parte da actual [[Baviera]], o Tirol e, máis ao oeste, nos Vosgos [[Alsacia|alsaciáns]], e chegaron as vales alpinos no [[século VIII]].
 
== Notas ==