Operación Barbarossa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 353:
 
=== Significado histórico ===
A OperaciónnOperación Barbarossa foi a operación militar máis grande da historia, despregándose máis, homes, carros de combate, canóns e avións que en calquera outra ofensiva.<ref>Overy 1996, p. 68</ref> A invasión abriu a fronte oriental, o teatro máis grande da segunda guerra mundial, que viu enfrontamentos dunha violencia e destrución sen precedentes durante catro anos e matou a 26 millóns de soviéticos, incluídos 8,6 millóns de soldados do Exércto Vermello.<ref>Moskoff 2002, p. 236</ref> Morreon máis persoas loitando na fronte oriental que en todos os demaios combates do planeta durante a guerra.<ref>Weinberg 2005, p. 243</ref> O dano tanto económico como á pasisaxe foi enorme, xa que unhas 1 710 cidades e 70 000 aldeas foron arrasadas.<ref>Hartmann 2013, pp. 154-155</ref>
 
A Operación Barbarossa e a posterior derrota alemá cambiaron o panorama político de Europa, dividíndoa nos bloques do leste e do oeste.<ref>Hartmann 2013, pp. 152-153</ref> O baleiro político deixado na metade leste do continente foi cuberto pola URSS cando Stalin conseguiu os seus premios territoriais en 1944-1945 e colocou con firmeza o seu Exército Vermello en [[Bulgaria]], [[Romanía]], [[Hungría]], [[Polonia]], [[Checoslovaquia]] e a metade oriental de [[República Democrática Alemá|Alemaña]].<ref>Hartmann 2013, p. 153</ref> O medo de Stalin ao rexurdimento do poder alemán e a súa desconfianza polos seus antigos aliados contribuíron ás iniciativas paneslavas e á posterior alianza dos estados eslavos.<ref>Roberts 2014, pp. 258-260</ref> Os historiadores David Glantz e Jonathan House afirman que a Operación Barbarossa influenciou non só a Stalin, senón tamén aos posteriores líderes soviéticos, afirmando que "coloreou" as súas mentalidades estratéxicas nas "seguintes catro décadas". Como resultado os soviéticos instigaron a creación dun "elaborado sistema de estados tampón e clientes, deseñados para illar á Unión Soviética de calquera posible ataque futuro".<ref>Glantz & House 2015, p. 364</ref> Como consecuencia, o leste de Europa volveuse comunista e o oeste caiu baixo o dominio democrático dos Estados Unidos.<ref>Hartmann 2013, pp. 154-155</ref>
 
== Notas ==