International Standard Musical Work Code: Diferenzas entre revisións

código identificador de obras musicais
Contido eliminado Contido engadido
Creada como tradución da páxina "International Standard Musical Work Code"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2021 ás 20:35

O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais.

O ISWC é un número de rexistro concedido polas entidades de xestión de dereitos para o seguimento internacional das obras musicais.

Orixe e funcións

O ISWC é parte do plan CIS (Common Information System) do CISAC, que a confederación de sociedades de protección de dereitos dos autores desenvolveu para responder ás necesidades de información na era dixital. Foi aprobado pola ISO (acrónimo inglés de International Organization for Standardization, en galego: Organización Internacional de Estandarización) e existe unha regulación que define o xeito no que o ISWC debe estar estruturado, así como as normas de emisión e aplicación.

O ISWC non identifica gravacións, partituras ou calquera outro tipo de rendemento asociados coa obra musical. Por outra banda, o ISWC non indica os compositores ou titulares de dereitos de autor da obra, nin a data ou lugar onde o traballo foi inicialmente publicado.

Tódolos ISWC comezan pola letra T, seguida de nove números e un díxito de control ao final (Exemplo: T-123.456.789-1, ou T-123456789-1, ou simplemente T1234567891).

Os números de licenza ISWC son asignados polas sociedades de protección de dereitos (Sgae, en España) só cando o creador está debidamente identificado.

A Axencia Internacional ISWC, designada pola norma ISO, é a responsable dos sistemas de mantemento e administración. A Axencia Internacional ISWC nomeará e supervisará a tarefa dos entes rexionais e/ou locais ISWC. Estes organismos están autorizados para recibir e tramitar as solicitudes ISWC e para asignar os números ISWC ás obras musicais. Unha axencia ISWC local asigna os números ISWC ás obras baixo a súa autoridade. Adminístrase una base de datos para os números asignados ISWC e os seus correspondentes metadatos. Así mesmo, dispoñen dunha rede de información ISWC con outros organismos ISWC locais e as sociedades.

Central ISWC

A central atópase en Francia:

AGENCIA INTERNATIONALE ISWC

© CISAC - International Confederation of Societies of Authors and Composers 20/26, bd du Parc 92200 Neuilly sur Seine - FRANCIA

Tel : +33 1 55 62 08 50 - Fax : +33 1 55 62 08 60 - e-mail : info@iswc.org
  • Axencia Internacional ISWC Web oficial. Dispón dun motor de procura para a localización de obras.
  • SGAE Web da Sociedade Xeral de Autores e Editores. Desde aquí, tamén se pode acceder aos motores de procura ISWC.