Iberia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 7:
O coñecemento da [[Península Ibérica]] como entidade xeográfica foi un proceso lento, con retrocesos e relatos lendarios. A lonxanía co foco da cultura antiga era notábel, e descoñecemos cal era o coñecemento que puideron ter gregos e [[fenicio]]s da súa xeografía. O interese de ambos os pobos naqueles tempos era simplemente económico, por tanto suponse que talvez terían bastante información sobre o litoral e dalgunhas rexións do interior.
 
Os historiadores cren que o pobo fenicio manexaba datos xeográficos de grande interese para elleseles e que incluso existiron textos con abundante información. Sábese que no [[século -I|século I a. C.]], o sabio e erudito rei [[Juba]] de Mauritania logrou reunir unha grande biblioteca con textos e literatura fenicia, e que no ano [[100]] da nosa era, o xeógrafo xudeu [[Marino de Tiro]] (Fenicia), recolleu gran cantidade de material para poder compoñer o seu mapa do orbe, mapa que serviu en grande medida ao científico [[Claudio Tolomeo]]. Mais nin os gregos nin os [[Roma Antiga|romanos]] prestaron grande atención a estes escritos e non os conservaron nin os traduciron, e esta é unha das razóns pola que non chegaron até os nosos días.
 
== Historia do topónimo ''Iberia'' ==