Roger Federer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 117:
No [[US Open]], repite a semifinal do ano anterior contra Novak Djokovic e volve a perder en cinco sets despois de desperdiciar dúas bólas de partido no quinto set, sendo a segunda vez que perde un torneo de Grand Slam logo de gañar os dous primeiros sets. A derrota en Flushing Meadows fai que Federer non gañe ningún torneo de Grand Slam en 2011, feito que non ocorría desde [[2002]]. Pouco despois do US Open, nunha [[enquisa]] feita en [[Suráfrica]], Federer foi elixido como a segunda persoa en todo o mundo máis respectada e máis de fiar, despois de [[Nelson Mandela]]<ref>{{cita web|url=http://www.atpworldtour.com/News/Tennis/2011/09/Features/Federer-Mandela-Most-Respected.aspx |título=Federer, Mandela are world's most respected & trusted |data=19 setembro 2011 |editor=ATP World Tour |dataacceso=24 de novembro de 2011 |lingua=inglés}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.timeslive.co.za/politics/2011/09/21/mandela-pips-federer |título=Mandela pips Federer |data=21 September 2011 |editor=The Times (South Africa) |dataacceso=24 de novembro de 2011 |lingua=inglés}}</ref>.
 
A non participación no [[Masters de Shanghai]] fai que Federer caia do ''top 3'' do ránking por primeira vez desde xuño de 2003<ref>{{cita web |url=http://www.shanghaidaily.com/Sports/tennis/Murray-supplants-Federer-at-No-3/shdaily.shtml/ |título=Murray supplants Federer at No. 3 |obra=Shanghai Daily |data=18 de outubro de 2011 |dataacceso=24 novembro 2013 |lingua=inglés}}</ref>. Porén, vai rematar o ano dun xeito arrollador gañando os tres últimos torneos da tempada que xoga. En [[Torneo de Basilea|Basilea]] derrota na final ao mozo [[Kei Nishikori]], quen gañara en semifinais a un feble Djokovic. Esta é a súa quinta vitoria en Basilea que pon fin a unha sequíaseca de dez meses sen gañar un torneo (o último fora o [[Open de Qatar]] en xaneiro). Continúa gañando o seu primeiro [[Masters de París]], que o converten no primeiro xogador en acadar todas as finais dos nove torneos Masters 1000<ref name=RF2011>{{cita web |url=http://www.atpworldtour.com/Tennis/Players/Top-Players/Roger-Federer.aspx?t=pa&y=2011&m=s&e=0# |título=Roger Federer Playing Activity 2011 |autor=ATP |dataacceso=24 novembro 2013 |lingua=inglés}}</ref>.
 
No [[ATP World Tour Finals]] esmaga a Nadal nunha hora exacta no seu camiño a semifinais<ref>{{cita web |url=http://www.telegraph.co.uk/sport/tennis/atptour/8908401/Roger-Federer-shows-no-mercy-in-Rafael-Nadals-hour-of-need-at-ATP-World-Tour-Finals.html |localización=Londres |obra=The Daily Telegraph |nome=Simon |apelidos=Briggs |título=Roger Federer shows no mercy in Rafael Nadal's hour of need at ATP World Tour Finals |data=24 de novembro de 2013 |lingua=inglés}}</ref> nas que derrota a [[David Ferrer]] para acadar a final deste Torneo Masters por sétima vez, na que é a súa final número 100 dun torneo do circuíto. Grazas a esta vitoria recupera o número tres que lle arrebatara [[Andy Murray]]. Na final derrota a [[Jo-Wilfried Tsonga]], a quen xa gañara na final do último Masters 1000 de París. Con esta vitoria consegue un récord de 6 vitorias no Torneo Masters, finalizando o ano como número tres mundial<ref>{{cita web |apelidos=Buddell |nome=James |url=http://www.atpworldtour.com/News/Tennis/2011/11/47/London-Finals-Final-Federer-Tsonga.aspx |título=Tennis – ATP World Tour – Barclays ATP World Tour Finals 2011 Final – Federer Wins Record Sixth Title |editor=ATP World Tour |dataacceso=24 novembro 2013}}</ref>.