Xavier Vence: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 38:
Catedrático de Economía Aplicada da [[Universidade de Santiago de Compostela]], foi director do [[IDEGA]] entre [[1991]]-[[1995|95]]. Profesor convidado por diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago e da Área de Economía do [[Seminario de Estudos Galegos]].
 
Coordina a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos SetoresSectores Innovadores), e é membro do consello de redacción de ''[[A Trabe de Ouro (revista)|A Trabe de Ouro]]'', así como do consello científico da ''Revista Galega de Economía'' e da ''Revista Principios''. Colaborador habitual da revista ''Tempos Novos'' e noutros medios como a ''[[Radio Galega]]'', ''[[Xornal de Galicia]]'' ou ''[[Sermos Galiza]]''.
 
Na XIV Asemblea Nacional, celebrada o [[17 de marzo]] de [[2013]], foi nomeado portavoz nacional do BNG<ref>[http://praza.com/politica/3888/vence-colle-o-temon-do-bng-para-recuperar-o-pulso-e-procurar-un-estado-propio/ Vence colle o temón do BNG para "recuperar o pulso" e procurar un "Estado propio"]</ref>. Cesou no cargo na XV Asemblea Nacional celebrada na [[A Coruña|Coruña]] o 28 de febreiro de [[2016]].