Minotauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 8:
Minos, xunto ós seus irmáns, [[Radamantis]] e [[Sarpedón]], era fillo de [[Zeus]] e [[Europa (mitoloxía)|Europa]]. O home de Europa, Asterión, aceptounos e criounos como fillos propios, nomeando herdeiros ós tres.
 
Cando morreu Asterión, Minos quixo todo o poder para si e expulsou ós seus irmáns, aducindo que foran os [[deuses olímpicos|deuses]] os que lle concedíanconcederan o reino. E para demostralo, pediu a [[Poseidón]] que fixera saír do mar un [[vaca|touro]], prometendo que o sacrificaría no seu honor. Efectivamente, Poseidón enviou un touro espléndido, tantotan fermoso que Minos decidiu conservalo como semental nos seus rabaños e sacrificar outro no seu lugar. Pero Poseidón, ó verse enganado, vingouse, e fixo que o touro enfurecese e que a muller de Minos, [[Pasífae]], enlouquecera despertándoseespertando nela un amor apaixonado polo animal <ref>Para Hixino, o problema veu de que Pasífae non celebraba ofrendas a Afrodita, e a deusa castigouna provocando nela esta paixón abominablezoofílica (''Fábulas'', 40).</ref>. Este foi o [[Touro de Creta]] que, posteriormente, tivo que matar [[Heracles]] nun dos seus [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]].
 
Pasífae foi ata Dédalo para que buscara a maneira de satisfacer as súas paixóns. Dédalo construíu unha vaca oca de madeira e cubriuna cunha pel de vaca para que Pasífae puidese introducirse dentro e que o touro puidese montar nela. E o resultado desa unión foi o Minotauro.
 
{{cita|[Dédalo] "''construíu unha vaca de madeira con rodas, baleirouna por dentro, recubriuna coa pel dunha vaca que esfolara e, colocándoa no prado onde o touro adoitaba pastar, introducíuintroduciu dentro dela a Pasífae. Cando o touro chegou xaceu con ela tomándoa por unha vaca de verdade. Pasífae pariu a Asterio, denominado Minotauro, que tiña o rostro de touro e o resto humano''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' III, 1, 4)}}
 
Minos estaba avergoñado de que a muller parira semellante criaturamonstro, pero ademais era unha criatura salvaxe, polo que Minos consultou co [[Oráculo de Delfos]] e mandou a Dédalo construír un labirinto xigante para contelo de xeito seguro para todos <ref>E. Pottier suxire que este labirinto foi unha copia, en pequeno, do xigantesco labirinto que mandara construír o faraón Amenehat[[Amenemhat III]] como palacio e como a súa futura tumba (Benavente e Ferro: ''O libro da vaca'', 1399). Tamén se ten relacionadarelacionado o mito cos inmensos -e enmarañados- palacios descubertos en [[Cnosos]] e outras cidades micénicas.</ref>.
 
Porén ocorreu que [[Androxeo]], fillo de Minos, foi morto polos [[Atenas|atenienses]], que envexaban as vitorias que el conseguía no [[Festivais Panatenaicos|festival panatenaico]]. Para vingar a morte do seu fillo, Minos declarou a guerra contra Atenas. Lanzou tal maldición contra a cidade que caeu sobre ela unha terrible peste, o que obrigou ós atenienses a rendirse sen condicións. Minos esixiulles entón o envío dun tributo anual formado por sete mozos de ámbolos sexos <ref>Ou ben sete mozos e sete mozas (Pseudo-Apolodoro III, 15, 8). Tamén a periodicidade é variable segundo as fontes: cada ano, cada tres ou cada nove anos.</ref>.
 
{{cita|"''Cando Minos... loitou contra os atenienses, o seu fillo Androxeo resultou morto na batalla. Despois de ser vencidos, os atenienses comezaron a ser tributarios de Minos, pero tamén determinou que cada ano enviaran a sete dos seus fillos como pasto do Minotauro''".|(Hixino: ''Fábulas'' 41)}}
Liña 22:
[[Ficheiro:Minotaur.jpg|miniatura|dereita|Teseo no momento de dar morte ó Minotauro]]
 
O terceiro ano, cando se ía celebrar o sorteo para escoller as vítimas, [[Teseo]] apuntouse voluntario coa intención de matar o monstro <ref>A tradición máis estendida di que a selección se facía por sorteo, pero algunhas fontes din que era o propio Minos quen escollía as vítimas.</ref>. Ó chegar ó palacio de Minos, en Creta, [[Ariadna (mitoloxía)|Ariadna]], filla de Minos e Pasífae, apaixonouse por el e axudouno (a cambio de casar con ela), entregándolle un nobelo de fío para que o fose soltando segundo entraba e así poder, logo, saír do labirinto <ref>Outras versións din que o que lle deu Ariadna era unha coroa luminosa que o guiara nas tebras do labirinto.</ref>. Teseo matou o Minotauro (cunha espada máxica que Ariadna lle dera ou, simplemente, a puñadas). No regresoPero a Atenaspesar da promesa feita, Teseo abandonou a Ariadna no regreso a Atenas, na illa de Día (hoxe, [[Naxos]]).
 
{{cita|[Teseo] "''É incluído no terceiro tributo ó Minotauro ou, segundo din outros, ofreceuse voluntario... Por indicación súa'' [de Dédalo] [Ariadna] dálle un fío a Teseo no momento de entrar. Teseo, tras atalo á porta, entra e vaino soltando. Achou a Minotauro na parte máis recóndita do labirinto, matouno loitando a puñadas e saíu recollendo o fío''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Epítomes'' 1, 8-9)}}
Liña 28:
Minos, irado porque Teseo conseguira escapar, encerrou a Dédalo e o seu fillo [[Ícaro]] no labirinto, aínda que logo conseguiron escapar construíndo alas para si mesmos. Porén Ícaro, na súa inconsciencia, aproximouse demasiado ó sol, que derretiu a cera coa que estaban pegadas as alas. Caeu e morreu. Outros din que Teseo, tras matar ó Minotauro, levou a Dédalo a Atenas.
 
Existe unha versión [[Evémero|evemerista]] que di que Minotauro non era esta criatura monstruosa, senón un soldado de Minos, chamado Tauro, e que os sete mozos atenienses estaban destinados a ser ofrecidos como premio nos xogos fúnebres que se celebraban en memoria de Androxeo. Tauro sería o primeiro vencedor neste xogos e, pola súa crueldade cos outros mozos, Teseo emprendeu esa expedición de castigo. que Minos encontrou en Teseo a ocasión depara librarse de Tauro, que ademais mantiña relacións sexuais coa raíña Pasífae, e non só facilitou a expedición de Teseo senón que ademais lle deu de grado a man da súa filla Ariadna.
 
== Iconografía ==
Liña 35:
Os amores [[zoofilia|zoofílicos]] de Pasífae no se reflictirán na arte ata a [[Arte contemporánea|Idade contemporánea]], con [[Johann Heinrich Füssli]] ou [[Gustave Moreau|Moreau]].
 
Non é ata o [[Helenismo]] cando se representa a escena de Dédalo construíndo a vaca de madeira ou entregándolla a Pasífae, motivo que se volverá a ver no [[Renacemento]] (por exemplo, no ''[[Campanario|Campanile]]'' de [[Giotto di Bondone|Gioto]], entre outros artistas).
 
A figura do Minotauro queda xa fixada no [[século -VII|século VII a.C.]], con escasas variantes posteriores, (como a representación en forma de [[centauro]] con corpo e patas bovinos e torso e cabeza humanos). O momento predominante será o da súa loita e morte a mans de Teseo, por veces con Minos, Ariadna e algúns mozos a modo de espectadores. Teseo pode aparecer armado cunha espada ou cunha maza que arrebatou a Perifetes.
 
A imaxe arquetípica será a de Teseo vitorioso sobre o cadáver de Minotauro: pódese ver claramente na escultura de [[Antonio Canova|Canova]] (1804) <ref>[https://arte.laguia2000.com/escultura/teseo-y-el-minotauro-de-canova Ficha en Arte-La Guía].</ref>. Pero tamén se reflicte arrastrándoo fóra do labirinto, ou marchando mentres deixa atrás o corpo do animal. [[Gustav Klimt]] usará este motivo no cartel para a primeira exposición da ''[[Secesión de Viena|Secesión]]'' vienesa, de 1898, simbolizando o triunfo da arte nova sobre a arte tradicional. E [[Jacques Lipchitz]] fixo o propio nunha escultura para prognosticar en 1942 a vitoria aliada sobre [[Hitler]].
 
Recibe un tratamento diferente co [[Maestro di Tavarnelle]] (ou dei Cassoni Campana) (c. 1515). A obra mostra o mito desenvolvido en distintas escenas sucesivas: Minotauro, con forma de centauro, causando estragos; Minotauro sendo capturado por Minos; Teseo, vestido de cabaleiro medieval, desembarcando e avanzando cara o labirinto, ante cuxa porta agarda Ariadna; Teseo dando morte a Minotauro no centro do labirinto; e finalmente, ó fondo, Teseo regresando vitorioso no seu barco.
 
[[Ficheiro:Maestro dei cassoni campana, teseo e il minotauro, 1510-15 ca. (avignone, petit palais) 01.jpg|miniatura|800px|center|Teseo e o Minotauro (Maestro di Tavarnelle (ou dei Cassoni Campana) (c. 1515, Petit Palais, Louvre)]]