Quimera (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
amplío
Liña 1:
{{en uso}}
{{Outros homónimos|Quimera}}
[[Ficheiro:Chimera Apulia Louvre K362.jpg|miniatura|Quimera grega.]]
[[Ficheiro:Notre dame-paris-view.jpg|miniatura|Quimera na decoración externa da [[Catedral de Nôtre Dame de París]].]]
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Quimera''' (en [[lingua grega|grego antigo]] Χίμαιρα ''Chímaira'', que significa "animal fabuloso"; a través do [[latín]] ''Chimæra'') era un monstro horrendo, filla de [[Tifón (mitoloxía)|Tifón]] e de [[Equidna (mitoloxía)|Equidna]], que vagaba polas rexións de [[Asia Menor]] aterrorizando as poboacións e engulindo animais e rabaños enteiros. Foi a nai, con [[Ortro]], da [[Esfinxe (mitoloxía)|Esfinxe]] e do [[León de Nemea]].
 
As súas descricións varían desde as que dicían que tiña o corpo dunha [[cabra]], os cuartos traseiros dunha [[serpenteserpe]] ou un [[dragón]] e a cabeza dun [[león]], até as que afirmaban que tiña tres cabezas: unha de león, outra de macho cabrío, que lle saía do lombo, e a última de dragón, que nacía na cola. Todas as descriciónes coinciden, porén, en que vomitaba [[lume|fogo]] por unha ou máis das súas cabezas e polo traseiro. Era sumamente rápida.
 
Quimera foi derrotada finalmente por [[Belerofonte]] coa axuda de [[Pegaso]], o cabalo alado, ás ordes do rei [[Iobates]] de [[Licia]]. Hai varias descricións da súa morte: algunhas din simplemente que Belerofonte a atravesou coa súa lanza, mentres que outras sosteñen que a matou cubrindo a punta da lanza con chumbo que se fundiu ao ser exposto á ardente respiración de Quimera.