Operación Barbarossa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 303:
Para o seu ataque final en Leningrado, o 4º Grupo Panzer reforzouse con carros de combate do Grupo de Exércitos Centro. O 8 de agosto os panzers romperon as defensas soviéticas. A finais de agosto o 4º Grupo Panzer penetrara a 48 quilómetros de Leningrado. Os fineses empuxaron cara o sueste a ambos lados do lago Ladoga para alcanzar a vella fronteira ruso-finesa.<ref>Klink 1998, pp. 631-641</ref>
 
Os alemáns atacaron Leningrado en agosto; nos seguintes tres meses 400 000 residentes da cidade traballaron para construír fortificacións mentres continuaban os combates, mentres que outros 160 000 uníronse ás filas do Exército Vermello. En ningún outro lugar houbo un espítitu de ''levée en masse'' máis grande para resistir aos alemáns que en Leningrado, onde as tropas de reserva e as unidades improvisadas ''Narodnoe Opolcheniye'', formadas por batallóns de traballadores e incluso formacións de escolares, uníronse para cavar trincheiras mentres se preparaban para defender a cidade.<ref>Werth 1964, p. 199</ref> O 7 de setembro a 20º División Motorizada alemá tomou [[Shlisselburg]], cortando todas as rutas por terra a Leningrado. Os alemáns cortaron os ferrocarrís a Moscova e capturaron o ferrocarril a Murmansk con axuda finesa para iniciar un sitio que duraría máis de dous anos.<ref>Miller & Commager 2001, pp. 68-69</ref><ref name=":48">Beevor 2012, p. 204</ref>
 
Nesta fase Hitler ordenou a destrución final de Leningrado sen coller prisioneiros, e o 9 de setembro o Grupo de Exércitos Norte iniciou o impulso final. En dez días avanzou 10 quilómetros cara a cidade.<ref>''Hitler Strikes East'', 2009</ref> Porén, o avance dos derradeiros 10 km resultou ser moi lento e as baixas amontoábanse. Hitler, agora falto de paciencia, ordenou que Leningrado non sería asaltado, senón que a deixaría morrer de fame ata que se rendise. Nese sentido, o OKH publicou a Directiva No. la 1601/41 o 22 de setembro de 1941, que acordaba os plans de Hitler.<ref>Forczyk 2009, p. 11</ref> Privado das súas forzas Panzer, o Grupo de Exércitos Centro permaneceu estático e foi obxecto de varios contraataques soviéticos, en particular da [[ofensiva Yelnya]], na cal os alemáns sufriron a súa primeira gran derrota táctica dende o inicio da invasión; esta vitoria do Exército Vermello tamén fixo que a moral soviética subise.<ref>Werth 1964, pp. 189-190, 195-197.</ref> Eses ataques fixeron que Hitler centrase a súa atención novamente no Grupo de Exércitos Centro e no seu camiño cara Moscova. Os alemáns ordenaron aos 3º e 4º Exércitos Panzer deixar o sitio de Leningrado e apoiar ao Grupo de Exércitos Centro no seu ataque a Moscova.<ref>Müller 2016, p. 180</ref><ref>Cooper 1984, pp. 328-330</ref>
Liña 340:
=== Crimes de guerra ===
Aínda que a Unión Soviética non asinara as [[Convencións de Xenebra]]. Alemaña asinara o tratado e estaba polo tanto obrigada a ofrecer aos prisioneiros de guerra soviéticos un trato humanitario de acordo coas súas disposicións (como así facía xeralmente cos prisioneiros doutros países aliados).<ref>Bellamy 2007, pp. 16, 20-23</ref><ref>{{Cita web|url=https://digitalcommons.law.uga.edu/cgi/viewcontent.cgi?article=1863&context=gjicl|páxina-web=|título=Enforcement: the difference between the laws of war an the Geneva Conventions|data-acceso=}}</ref> Segundo os soviéticos, estes non asinaran as Convencións en 1929 debido ao Artigo 9 que, ao impor a segregación racial dos prisioneiros de guerra en diferentes campos, contraviña a constitución soviética.<ref>Bellamy 2007, p. 20</ref> O Artigo 82 da convención especificaba que "no caso de que, en tempos de guerra, un dos belixerantes non sexa parte da Convención, as súas disposicións continuarán estando vixentes entre os belixerantes que son partes dela".<ref>{{Cita web|título=Treaties, States parties, and Commentaries - Geneva Convention on Prisoners of War, 1929 - 82 -|url=https://ihl-databases.icrc.org/applic/ihl/ihl.nsf/WebART/305-430083?OpenDocument|páxina-web=ihl-databases.icrc.org|data-acceso=2021-01-28}}</ref> A pesar diso Hitler pediu que a batalla contra a Unión Soviética fose unha "loita pola existencia" e enfatizou que os exércitos rusos debían ser "aniquilados", unha mentalidade que contribuíu aos crimes de guerra contra prisioneiros de guerra soviéticos.<ref>Kershaw 2001, pp. 355-389</ref> Un memorando do 16 de xullo de 1941, gravado por [[Martin Bormann]], cita a Hitler dicindo, "A zona xigante [ocupada] debe naturalmente ser pacificada tan rápido como sexa pisoble; isto sucederá no mellor dos casos se se dispara a calquera que pareza gracioso".<ref>Browning 1998, p. 10</ref><ref>Förster 1988, p. 31</ref> Convenientemente para os nazis, o feito de que os soviéticos non asinasen a convención xogou ao seu favor xa que xustificaron o seu comportamento en consecuencia. Incluso se os soviéticos asinaran, é bastante improbable que isto detivese as políticas xenocidas nazis contra combatentes, civís e prisioneiros de guerra.<ref>Bellamy 2007, pp. 20-21</ref>
[[Ficheiro:Himmler besichtigt die Gefangenenlager in Russland. Heinrich Himmler inspects a prisoner of war camp in Russia, circa... - NARA - 540164.jpg|miniatura|240x240px|Himmler inspeccionando un campo de prisioneiros de guerra]]
 
Antes da invasión Hitler publicou a destacada [[Orde dos Comisarios]], que pedía que todos os comisarios políticos soviéticos collidos como prisioneiros na fronte fosen fusilados inmediatamente sen xuízo.<ref>Kershaw 2001, pp. 357-359</ref> Os soldados alemáns participaron nestes asasinatos masivos xunto con membros do ''[[SS-Einsatzgruppen]]'', ás veces con desgana, alegando "necesidade militar".<ref>Wette 2007, pp. 198-199</ref><ref>Förster 1998, pp. 507-513</ref> Na véspera da invasión os soldados alemáns foron informados de que a súa batalla "demanda medidas desapiadadas e vigorosas contra os incitadores bolxeviques, guerrilleiros, saboteadores, xudeus e a completa eliminación de toda a resistencia activa e pasiva". Autorizáronse castigos colectivos contra ataques partisanos; se un perpetrador non podía ser identificado rapidamente considerabanse entón represalias aceptables o incendio de aldeas e as execucións masivas.<ref>Förster 1988, p. 26</ref> Aínda que a maioría dos soldados alemáns aceptaron eses crimes como xustificados debido á propaganda nazi, que representaba ao Exército Vermello como ''Untermenschen'', algúns destacados oficiais alemáns protestaron abertamente con respecto a eles.<ref>Ueberschär & Müller 2008, p. 246</ref> Estímase que uns dous millóns de prisioneiros de guerra soviéticos morreron de fame durante Barbarossa.<ref>Hartmann 2013, pp. 89-94</ref> Ao final da guerra o 58% dos prisioneiros soviéticos morreran en catividade alemá.<ref>Glantz 2012, p. 48</ref>
 
Leváronse a cabo crimes organizados contra civís, incluídos mulleres e nenos, a gran escala por parte das forzas policiais e militares a lemás, así como por colaboradores locais.<ref>Glantz & House 1995, pp. 56-57</ref><ref>Browning 1998, pp. 10-12</ref> Baixo o mando da Oficina Principal de Seguridade do Reich, os escuadróns da morte do ''Einsatzgruppen'' realizaron masacres a gran escala de xuedus e comunistas en terrritorios soviéticos conquistados. O historiador do Holocausto Raul Hilberg cifra o número de xudeus asasinados por "operacións de matanzas móbiles" en 1 400 000.<ref>Hilberg 1961, p. 767</ref> As instrucións orixinais para matar "xudeus en posicións do partido e do estado" ampliáronse para incluir a "todos os xudeus homes en idade militar" e despois expandíronse unha vez máis a "todos os xudeus home sen importar a idade". Ao final de xullo os alemáns estaban matando regularmente tamén mulleres e nenos.<ref>Beevor 2012, p. 213</ref> O 18 de decembro de 1941 Himmler e Hitler discutiron a "cuestión xudea", e Himmler anotou o resultado da reunión na súa axenda: "Ser aniquilados como partisáns". Segundo Christopher Browning, "anoquilar aos xudeus e resolver a chamada 'cuestión xudea' baixo o disfraz de matar aos partisáns foi a convención acordada entre Hitler e Himmler".<ref>Browning 2000</ref> De acordo coas políticas nazis contra pobos asiáticos "inferiores", os turcománs tamén foron perseguidos. Segundo un informe da posguerra do príncipe Veli Kajum Khan, foron presos en campos de concentración en condicións terribles, onde asasinaban a diario a aqueles que se consideraban con características "mongolas". Os asiáticos tamén foron un obxectivo do ''Einsatzgruppen'' e foron obxecto de letais experimentos médicos e asasinatos nun "instituto patolóxico" en Kiev.<ref>Breitman 1990, pp. 341-343</ref> Hitler recibia informes dos asasinatos en masa realizados polo ''Einsatzgruppen'' que eran transmitidos primeiro á RSHA, onde se agregaban a un informe resumido polo xefe da [[Gestapo]] [[Heinrich Müller]].<ref>Langerbein 2003, pp. 33-34</ref>
 
Queimar casas sospeitosas de ser lugares de reunión de partisáns e envelenar pozos de auga convertéronse en prácticas comúns entre os soldados do 9º Exército alemán. En [[Kharkiv]], a cuarta cidade máis grande da Unión Soviética, só se propocionaba comida a un pequeno número de civís que traballaban para os alemáns, e o resto foi designado pra morrer de fame lentamente.<ref>Moskoff 2002, pp. 54-57</ref> Milleiros de soviéticos foron deportados a Alemaña para ser usados como man de obra escrava a partir de 1942.<ref>Glantz & House 1995, p. 57</ref>
 
Os cidadáns de Leningrado foron sometidos a intensos bombardeos e a un asedio que duraría 872 días e mataría de fame a máis dun millón de persoas, dos cales unhas 400 000 eran nenos menores de 14 anos.<ref>Miller & Commager 2001, p. 69</ref><ref name=":49">Beevor 2012, p. 289</ref> O bloqueo xermano-finés cortou o acceso de comida, combustible e materias primas, e as racións alcanzaron un mínimo, para a poboación non traballadora, de pouco máis de 100 gramos de pan e un pouco de sopa aguada por día.<ref>Miller & Commager 2001, p. 68</ref> Os famentos civís soviéticos comezaron a comer aos animais domésticos, xunto con tónico para o pelo e vaselina. Algúns civís desesperados recorreron ao canibalismo; os rexistros soviéticos lintan 2 000 persoas arrestadas polo "uso de carne humana como comida" durante asedio, 886 delas durante o primeiro inverno de 1941-42.<ref name=":49" /> A Wehrmacht planeou selar Leningrado, matar de fame á poboación, e despois demoler completamente a cidade.<ref name=":48" />
 
== Notas ==