Glauco (fillo de Minos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
 
Liña 3:
'''Glauco''' foi un personaxe da [[mitoloxía grega]], fillo de [[Minos]] (rei de [[illa de Creta|Creta]]) e de [[Pasífae]].
 
Cando era meniño e mentres perseguía un [[rato doméstico|rato]], caeu nun cántaro de [[mel]] e afogou; [[Hixino]] afirma que tal aconteceu cando o rapaz estaba a xogar coa pelota <ref>Hixino: ''Fábulas'' 136.</ref>. Os adiviños deron con el e Minos puido recuperar o corpo. Os [[Curetes]], que posuían dotes adiviñatorias, ou o mesmo [[Apolo]]), dixéronlle que aquel home quenque mellor soubese describir a cor dunha das [[vaca]]s dos seus rabaños podería devolverlle vivo o fillo. Esta vaca tiña a particularidade de cambiar de cor tres veces ó día: á mañá era branca, logo vermella e á fin do día, negra. E ó día seguinte repetíase o cambio de cor <ref>Segundo Hixino era unha becerra acabado de nacer no seu rabaño, que cambiaba de cor cada catro horas.</ref>.
 
Tras consultar inutilmente ós homes máis sabios do reino, só un [[Poliido]] (ou Polyidos) soubo explicar o cambio de cor: a vaca tiña a cor das [[amora]]s, que comezan sendo brancas, vólvense vermellas ó ir madurecendo e terminan sendo completamente negras.
 
[[Ficheiro:Blackberry fruits05.jpg|miniatura|250px|esquerda|Amoras en distinto grao de madureza]]
Liña 11:
Segundo Pseudo-Apolodoro, foi o propio Poliido que soubo onde estaba o corpo do meniño <ref>''Biblioteca mitolóxica'' III, 3, 1.</ref>. Tamén o di Hixino, guiado Poliido polo voo dunha [[curuxa]]:
 
{{cita|"''Poliido... veu unha curuxa pousada sobre unha adega, axotando unhas abellas. Interpretou o augurio e sacou da tinalla o corpo exánime do meniño''".|(Hixino: ''Fábulas'' 136)}}
 
Minos, seguindo o consello de Apolo, díxolle que devolvese a vida ó seu fillo Glauco. Como Poliido contestase que non podía facer tal cousa, Minos encerrouno nunha cela co cadáver <ref>Nunha tumba, segundo Hixino.</ref>. Poliido non sabía que facer, pero observou que entraba unha [[serpe|cóbrega]] e que ía cara Glauco, polo que a matou cunha pedra, copor medo de que lle fixera algún mal ó cadáver e logo ter que pagar el as consecuencias. Ó pouco entrou outra cobra que, ó ver a primeira morta, volveu saír e entrou de novo portando unha herbiña na boca. A segunda serpe tocou coa herba o corpo da serpe morta e esta revivecereviveceu inmediatamente. Entón, Poliido colleu axiña a herba e fregou con ela o cadáver de Glauco, que axiña volveu á vida <ref>Outros autores din que non foi Glauco senón [[Asclepio]] que o devolveu á vida: Pseudo-Apolodoro (''Biblioteca mitológica'' III, 10, 3), e Hixino: "''Dise que Esculapio, fillo de Apolo, resucitou a Glauco, fillo de Minos, ou a Hipólito. Por iso, Xúpiter matouno cun raio''" (''Fábulas'' 48).</ref>.
 
ComprendendoAdmirado ados importanciapoderes de Poliido, Minos prohibiulle abandonar Creta ata ensinar a Glauco todo o que sabía <ref>Hixino corta aquí o relato do mito, e di que Minos, agradecido, mandou a Poliido á súa patria colmado de regalos.</ref>. Poliido ensinouno e dispúxose a volver á súa patria [[Argos, Grecia|Argos]], pero no último momento pediu a Glauco que lle cuspise na boca. Glauco fíxoo e deste xeito devolveulle todo o que aprendera del. Ou ben foi el quen cuspiu na boca de Glauco, de modo que este esqueceu todo o aprendido.
 
{{cita|"''Poliido... colocou a mesma herba sobre o corpo de Glauco e fíxoo revivir. Cando Minos recuperou ó meniño, non permitiu a Poliido marchar a Argos sen que antes lle ensinase a Glauco a arte da adiviñación e Poliido, forzado a facelo, ensinoulla. Pero cando estaba a piques de marchar ordenoulle a Glauco cuspir na súa boca; ó facelo así Glauco esqueceu a arte da adiviñación''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' III, 3, 1-2)}}