André-Georges Haudricourt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Entrou no [[CNRS]] en 1939 (no laboratorio de botánica aplicada do [[Museo Nacional de Historia Natural de Francia|Muséum National d'Histoire Naturelle]]).
Alumno e amigo de [[Marcel Mauss]], contemporáneo de [[Claude LeviLévi-Strauss]] e de [[André Leroi-Gourhan]], A-G. Haudricourt era un científico erudito e atípico. Aínda que naceu en París, pasou parte da súa infancia na granxa dos seus pais en [[Picardía]], obtivo un título de [[enxeñeiro agrónomo]] en 1931, fixo unha primeira misión á [[URSS]] en 1934, despois reside en no sueste de Asia (foi bibliotecario na École Française d'Extrême-Orient en [[Hanoi]] en 1948-49).
 
A-G. Haudricourt desempeñou un papel fundamental no desenvolvemento da antropoloxía das técnicas, da etnociencia e da etnolingüística. Este namorado da [[flora]], das linguas<ref>A súa paixón polas linguas parece que lle vén pola colección [[Filatelia|filatélica]] que seguía de pequeno (''cf''. [http://www.persee.fr/web/revues/home/prescript/article/jso_0300-953x_1996_num_103_2_2003])</ref> e dos obxectos técnicos; deixou unha obra de difícil clasificación debido á inmensa variedade dos temas que abarca, desde a orixe e historia dos tiros animais ou das plantas cultivadas, a [[fonoloxía]] das [[linguas austronesias]], as relacións entre o tratamento das plantas e o tratamento ao próximo, ata a ecoloxía dos [[piollo]]s ou a forma dos botóns.
 
Estudoso dunha extraordinaria erudición, notorio pola súa mordaz [[ironía|retranca]], o seu anticonformismo e a alucinante morea de obras nas que vivía, marcou de xeito indelébel toda unha xeración de etnólogos e lingüistas.