Diferenzas entre revisións de «Operación Barbarossa»

m
=== Crimes de guerra ===
Aínda que a Unión Soviética non asinara as [[Convencións de Xenebra]]. Alemaña asinara o tratado e estaba polo tanto obrigada a ofrecer aos prisioneiros de guerra soviéticos un trato humanitario de acordo coas súas disposicións (como así facía xeralmente cos prisioneiros doutros países aliados).<ref>Bellamy 2007, pp. 16, 20-23</ref><ref>{{Cita web|url=https://digitalcommons.law.uga.edu/cgi/viewcontent.cgi?article=1863&context=gjicl|páxina-web=|título=Enforcement: the difference between the laws of war an the Geneva Conventions|data-acceso=}}</ref> Segundo os soviéticos, estes non asinaran as Convencións en 1929 debido ao Artigo 9 que, ao impor a segregación racial dos prisioneiros de guerra en diferentes campos, contraviña a constitución soviética.<ref>Bellamy 2007, p. 20</ref> O Artigo 82 da convención especificaba que "no caso de que, en tempos de guerra, un dos belixerantes non sexa parte da Convención, as súas disposicións continuarán estando vixentes entre os belixerantes que son partes dela".<ref>{{Cita web|título=Treaties, States parties, and Commentaries - Geneva Convention on Prisoners of War, 1929 - 82 -|url=https://ihl-databases.icrc.org/applic/ihl/ihl.nsf/WebART/305-430083?OpenDocument|páxina-web=ihl-databases.icrc.org|data-acceso=2021-01-28}}</ref> A pesar diso Hitler pediu que a batalla contra a Unión Soviética fose unha "loita pola existencia" e enfatizou que os exércitos rusos debían ser "aniquilados", unha mentalidade que contribuíu aos crimes de guerra contra prisioneiros de guerra soviéticos.<ref>Kershaw 2001, pp. 355-389</ref> Un memorando do 16 de xullo de 1941, gravado por [[Martin Bormann]], cita a Hitler dicindo, "A zona xigante [ocupada] debe naturalmente ser pacificada tan rápido como sexa pisoble; isto sucederá no mellor dos casos se se dispara a calquera que pareza gracioso".<ref>Browning 1998, p. 10</ref><ref>Förster 1988, p. 31</ref> Convenientemente para os nazis, o feito de que os soviéticos non asinasen a convención xogou ao seu favor xa que xustificaron o seu comportamento en consecuencia. Incluso se os soviéticos asinaran, é bastante improbable que isto detivese as políticas xenocidas nazis contra combatentes, civís e prisioneiros de guerra.<ref>Bellamy 2007, pp. 20-21</ref>
 
Antes da invasión Hitler publicou a destacada [[Orde dos Comisarios]], que pedía que todos os comisarios políticos soviéticos collidos como prisioneiros na fronte fosen fusilados inmediatamente sen xuízo.<ref>Kershaw 2001, pp. 357-359</ref> Os soldados alemáns participaron nestes asasinatos masivos xunto con membros do ''[[SS-Einsatzgruppen]]'', ás veces con desgana, alegando "necesidade militar".<ref>Wette 2007, pp. 198-199</ref><ref>Förster 1998, pp. 507-513</ref>
 
== Notas ==
64.024

edicións