Deianira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 10:
Á morte de Meleagro, Altea suicidouse e as irmás choran desconsoladas, ata que [[Artemisa]] as converteu en [[galiña de Guinea|galiñas de Guinea]], pero grazas ás súplicas de Dioniso puido volver á súa forma humana, o mesmo que a súa irmá [[Gorxe]] <ref>Véxase Pseudo-Apolodoro I, 8, 3, e Hixino: ''Fábulas'' 174. En nota a rodapé de ''Biblioteca mitológica'', Julia García Moreno engade que se trata das aves denominadas ''Meleagrides'' (px. 67). O xénero [[Meleagris]] inclúe o pavo común; a galiña de Guinea recibe o nome científico de ''Numida meleagris''.</ref>.
 
{{cita|"''Golpean os seus amoratados peitos e acariñan sen cesar o corpo do seu irmán, e bésano e besan o féretro colocado na pira. Feito xa cinsas, recóllennas e apértannas contra o peito, e póstranse e bótanse sobre o túmulo, e abrazando o nome gravado na pedra, derraman bágoas sobre o seu nome. Ó fin, a Latonia''<ref>Artemisa era filla de [[Leto]], que na mitoloxía romana se chama Latona.</ref> '', saciada da ruína da casa de Partaón, fainas máis liviás e que crezan plumas nos seus corpos (a excepción de Gorxe e da nora da noble Alcmena''<ref>Heracles era fillo de Alcmena, e polo tanto, Deianira era a nora desta.</ref>), e alonga os seus brazos e desprega alas neles, e converte as súas bocas en peteiros, e así cambiadas, bótaas a voar''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'' VIII, 536-546)}}
 
== Heracles ==
Liña 36:
 
A lenda conta que a tumba de Deianira estaba en [[Traquis]] (en [[Tesalia]]), onde sucederon estes feitos.
 
== Dexámeno ==
Existe unha tradición que fai a Deianira filla de [[Dexámeno]], rei de [[Óleno]]. Conta que este prometeulle a filla a Heracles, pero este marchou a unha das súas aventuras. Cando volveu atopouse con que o centauro [[Euritión (centauro de Óleno)|Euritón]] obrigara a Dexámeno a concederlle a man de Deianira. Dexámeno pediulle axuda e Heracles matou a Euritión e á súa familia cando ía buscar á noiva o día acordado.
 
Non obstante, a maior parte das fontes dan o nome de [[Mnesímaca]] á filla de Dexámeno, e recollen este episodio como distinto do de Eneo e Aqueloo en Calidón. Grimal tamén recolle esta variante, e lembra a similitude da loita de Heracles e Euritión coa loita contra Aqueloo, neste caso, si, pola man de Deianira.
 
== Notas==
Liña 45 ⟶ 50:
=== Bibliografía ===
 
* ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: ''Arte y mito. Manual de iconografía clásica''. Sílex, 3ª ed. 2017.
* [[Robert Graves|GRAVES, Robert]]: ''Los mitos griegos'', Ed. Gredos, 1ª ed. 2019.
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[Hixino|HIXINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009, 31; 34; 35; 36.