Deianira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 9:
Heracles, no cumprimento do seu undécimo [[os doce traballos de Heracles|traballo]] que lle encomendara [[Euristeo]] para expiar o asasinato dos seus fillos, debeu descender ó [[Hades]] para capturar ó [[Cérbero|can Cérbero]]. No camiño nos Infernos atopouse con Meleagro, quen lle pideu que casara coa irmá, pois ó morrer el non tiña quen coidara dela <ref>Outra versión di que Heracles, conmovido pola tristeza de Meleagro, preguntoulle se tiña algunha irmá e, cando soubo que Deianira vivía, ofreceuse a casar con ela.</ref>. Deste xeito, cando rematou o traballo e regresou á terra, foi ata Calidón a cumprir a súa promesa.
 
Chegado a Calidón, Heracles pediulle a Eneo a man de Deianira, pero este contestoulle que se vira obrigado a darlla ó deus do río [[Aqueloo (mitoloxía)|Aqueloo]], que acababa de pedirlla en matrimonio. Heracles tivo que enfrontarse con Aqueloo e derrotalo, tras sucesivas transformacións deste en arroiada de auga, serpe e touro, conseguindo así o dereito a casar con Deianira. Deianira e Heracles tiveron varios fillos <ref>Catro ou cinco, segundo as fontes.</ref>: [[Hilo (fillo de Heracles)|Hilo]], [[Ctesipo]], [[Gleno]] e [[Hodites]]. A lenda só recolle a descendencia de Hilo.
 
Accidentalmente, Heracles provocou a morte de [[Éunomo]], fillo dun parente de Eneo, e aínda que o pai da vítima o perdonou, Heracles decidiu exiliarse coa súa dona. Cando ían cruzar o río [[Eveno]], tivo que pedirlle ó [[centauro]] [[Neso]] que levara a Deianira nas costas, mentres el cruzaba o río a nado. Pero no medio do río, Neso resolveu, por vinganza <ref>Nun traballo anterior, cando Heracles debía capturar o [[Xabaril de Erimanto]], os centauros atacáronlle e Heracles derrotounos, matando un bo número deles. Neso conseguiu fuxir, refuxiándose no río Eveno.</ref>, raptar e violar a Deianira, e botouse a galopar río arriba. O heroe, tendo percibido as súas intencións, agardou a que alcanzase terra firme, e entón atravesoulle o corazón cunha das súas frechas envelenadas. O centauro Neso caeu, pero antes de morrer deu a Deianira a súa túnica convencéndoa de que o sangue que a manchaba sería, para ela, un precioso filtro amoroso, coa virtude de restituírlle o esposo, se este, en calquera momento, decidise abandonala. Outras fontes din que lle deu unha beberaxe contindo o sangue que brotaba das súas feridas. En calquera caso, ese sangue contiña o veleno mortal procedente da [[Hidra de Lerna]], na que Heracles impregnara a punta das súas frechas.
 
En efecto, Heracles terminou namorándose de [[Iole]], filla de [[Éurito (rei de Ecalia)|Éurito]], o rei de [[Ecalia]]. Este ofrecera a man da filla ó vencedor dun concurso de tiro con arco, e Heracles non dubidou en acudir. Heracles resultou vencedor pero Éurito negouse a permitir á súa filla casar con el <ref>Temeroso de que fose matar ós fillos que tiveran ambos, tal como fixera anteriormente cos fillos habidos con [[Mégara (esposa de Heracles)|Mégara]].</ref>, e Heracles tomou a Iole como amante, á forza.
 
De regreso a [[Tirinto]], mandou ó seu compañeiro [[Licas]] onda Deianira para que lle trouxera unha capa nova para casar. Deianira, co fin de recuperalo, envioulle a túnica previamente rociada co sangue de Neso, e cando Heracles a puxo envelenouse e, non puidendopodendo aguantar as dores, lanzouse a unha pira funeraria e morreu. Cando Deianira comprendeu o engano do centauro, suicidouse.
 
A lenda conta que a súa tumba estaba en [[Traquis]] (en [[Tesalia]]), onde sucederon estes feitos.
 
== Notas==