Bulé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 26:
 
* A grap<sup>h</sup>ē para nomōn (en {{Lang-grc|γραφή παρανόμων}}, , ''graphē paranómōn''): a ''grap<sup>h</sup>ē ''([[Lingua grega|grego]], γραφή) é a acción na xustiza pública en oposición á ''díkē ''([[Lingua grega|grego]], δίκη), acción na xustiza privada. A graphè para nomon é literalmente unha acción pública na xustiza para (defender as) leis. Traducíase pola posibilidade ofrecida a todos os cidadáns de solicitar a abrogación dun decreto ou dunha lei, no momento da súa proposición e durante o ano que seguía á súa adopción, se se estimaba que as leis fundamentais da cidade eran infrinxidas ou postas en perigo. O autor, pero tamén o epístata que presidía a Asemblea o día da votación eran perseguidos e condenados a graves sancións. Este procedemento xudicial empezaba na Pnyx pero o procesamento era feito polos heliastas. A ''graphè para nomon'' tentaba protexer a democracia dos excesos da maioría [[Soberanía|soberana]] (sistema de regulación particularmente innovador e pioneiro, este risco non fora percibido nas democracias representativas até máis tarde con [[Alexis de Tocqueville|Tocqueville]]), e puña ás institucións ao abrigo dos demagogos e do clientelismo. Neste sentido era seguida polo [[ostracismo]], desaparecido en [[-417]].
* A ''eisangelia'' ({{Lang-grc|ἡ εἰσαγγελία}}, literalmente «o anuncio»). É a denuncia pública dun cidadán ou dun maxistrado ante a Ekklesía, onde se lle acusaba dunha acción política ou dun delito que lesionaba os intereses da cidade, como unha [[Corrupción política|corrupción]] ou un complot. Se polo seu voto, a Ekklesía decidía seguir cunha acusación, o dossierinforme era transmitido á Bulé que redactaba entón un ''probuleuma'' para definir precisamente o delito e propor a sanción. A [[Ekklesía]] decidía entón xulgar ela mesma o asunto (dispomos así de alegacións dirixidas ao pobo), ou de levala ante a Heliea (naquel caso as alegacións dirixíanse aos xuíces).
 
Ademais, a Bulé exercía outra gran función: era responsábel da rendición de contas dos maxistrados, é dicir, do control do seu traballo ao final do seu mandato e do control preliminar dos novos buleutas entrantes, a ''dokimasia.'' Ocupábase tamén da recepción dos hóspedes estranxeiros no Tholos.