Operación Barbarossa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 335:
 
A Unión Soviética sufriu moito no conflito, perdendo enormes extensións de territorio e con vastas perdas de homes e material. Porén, o Exército Vermello demostrou ser capaz de contrarrestar as ofensivas alemás, particularmente cando os alemáns comezaron a experimentar escasezas insubstituíbles en homes, armamento, provisións e combustible.<ref>Baudot et al. 1989, pp. 482-483</ref> A pesar da rápida deslocalización da fabricación de armamento soviética ao leste dos Urais e dun incremento na produción en 1942, especialmente de blindados, novos tipos de avións e artillería, a Wehrmacht foi capaz de lanzar unha nova ofensiva a gran escala en xullo de 1942, aínda que nunha fronte moito máis reducida. Hitler, decatándose de que a subministración de petróleo de Alemaña estaba "severamente esgotada",<ref>Hayward 2000, p. 769</ref> pretendía capturar os campos petrolíferos de Baku nunha ofensiva de nome [[Fall Blau]].<ref>Symonds 2014, p. 70</ref> Novamente os alemáns tomaron grandes extensións do territorio soviético, pero non conseguiron acadar os seus obxectivos finais a raíz da súa derrrota na [[batalla de Stalingrado]] en febreiro de 1943.<ref>Baker 2009, pp. 57-68</ref>
 
En 1943 a fabricación de armamento soviética estaba totalmente operativa e superaba cada vez máis á esonomía de guerra alemá.<ref>Dunn 1995, pp. 44-45</ref> A última gran ofensiva alemá no teatro do leste durante a guerra tivo lugar durante xullo-agosto de 1943 co lanzamento da [[Batalla de Kursk|Operación Zitadelle]], un asalto no [[Kursk]].<ref>Baudot et al. 1989, p. 483</ref> Ao redor dun millón de soldados alemáns enfrontáronse a unha forza soviética de máis de 2,5 millóns de homes. Os soviéticos impuxéronse. Tras a derrota da Operación Zitadelle os soviéticos lanzaron contraofensivas empregando seis millóns de homes ao longo dunha fronte de 2 400 quilómetros cara o [[río Dniepr]] mentres expulsaban aos alemáns cara o oeste.<ref>Glantz 2002, pp. 36-41</ref> Empregando ofensivas cada vez máis ambiciosas e tacticamente sofisticadas, xunto con melloras operativas no secretismo e engano, o [[Exército Vermello]] foi finalmente capaz de liberar gran parte da área que os alemáns ocuparan ateriormente cara o verán de 1944.<ref>Shepherd 2016, pp. 444-450, 463-467</ref> A destrución do Grupo de Exércitos Centro, resultado da [[Operación Bagration]], demostrou ser un éxito decisivo; novas ofensivas soviéticas contra os Greupos de Exército Norte e Sur no outono de 1944 puxeron aos alemáns en retirada.<ref>Baker 2009, pp. 87-97</ref> En xaneiro de 1945 os militares soviéticos tiñan como obxectivo Berlín.<ref>Baker 2009, p. 98</ref> A guerra rematou coa derrota total e capitulación da [[Alemaña nazi]] en maio de 1945.<ref>Burleigh 2000, pp. 794-812</ref>
 
== Notas ==