64.026
edicións
== Consecuencias ==
Co fracaso da batalla de Moscova todos os plans alemáns para unha derrota rápida da Unión Siviética tiveron que ser revisados. As contraofnsivas soviéticas en decembro de 1941 causaron fortes perdas nos dous bandos, pero ao mesmo tempo eliminou a ameaza
A Unión Soviética sufriu moito no conflito, perdendo enormes extensións de territorio e con vastas perdas de homes e material. Porén, o Exército Vermello demostrou ser capaz de contrarrestar as ofensivas alemás, particularmente cando os alemáns comezaron a experimentar escasezas insubstituíbles en homes, armamento, provisións e combustible.<ref>Baudot et al. 1989, pp. 482-483</ref> A pesar da rápida deslocalización da fabricación de armamento soviética ao leste dos Urais e dun incremento na produción en 1942, especialmente de blindados, novos tipos de avións e artillería, a Wehrmacht foi capaz de lanzar unha nova ofensiva a gran escala en xullo de 1942, aínda que nunha fronte moito máis reducida. Hitler, decatándose de que a subministración de petróleo de Alemaña estaba "severamente esgotada",<ref>Hayward 2000, p. 769</ref> pretendía capturar os campos petrolíferos de Baku nunha ofensiva de nome [[Fall Blau]].<ref>Symonds 2014, p. 70</ref> Novamente os alemáns tomaron grandes extensións do territorio soviético, pero non conseguiron acadar os seus obxectivos finais a raíz da súa derrrota na [[batalla de Stalingrado]] en febreiro de 1943.<ref>Baker 2009, pp. 57-68</ref>
== Notas ==
|
edicións