Diferenzas entre revisións de «Operación Barbarossa»

 
== Consecuencias ==
Co fracaso da batalla de Moscova todos os plans alemáns para unha derrota rápida da Unión Siviética tiveron que ser revisados. As contraofnsivas soviéticas en decembro de 1941 causaron fortes perdas nos dous bandos, pero ao mesmo tempo eliminou a ameaza alemana a Moscova.<ref>Müller 2016, pp. 181-182</ref><ref>Baker 2009, pp. 50-56</ref> Intentando explicar as cousas, Hitler publicou a Directiva N. 39, que citaba a temperá chegada do inverno e o frío severo como a razón do fracaso alemán,<ref>Baker 2009, p. 54</ref> aínda que a principal razón fora a falta de preparación dos militares alemáns para unha empresa tan grande.<ref>Shepherd 2016, p. 536</ref> O 22 de xuño de 1941 a Wehrmacht tiña un total de 209 divisións á súa disposicións, 163 das cales tiñan capacidade ofensiva. O 31 de marzo de 1942, menos dun ano despois da invasión da Unión Soviética, a Wehrmacht só tiña 58 divisións con capacidade ofensiva.<ref>Wegner 1990, p. 792</ref> A tenacidade e habilidade de contraatacar con efectividade do Exército Vermello sorprendeu aos alemáns do mesmo xeito que o seu ataque inicial sorprendeu aos soviéticos. Estimulado pola exitosa defensa e nun esforzo por imitar aos alemáns, Stalin quería iniciar a súa propia contraofensiva, non só contra as forzas alemáns ao redor de Moscova, senón tamén contra os seus exércitos no norte e no sur.<ref>Müller 2016, p. 181</ref> A rabia polas fracasadas ofensivas alemás fixeron que Hitler relevase ao Mariscal de Campo [[Walther von Brauchitsch]] do mando e no seu lugar Hitler asumiu o control persoal do exército alemán o 19 de decembro de 1941.<ref>Baudot et al. 1989, p. 482</ref>
 
== Notas ==
64.026

edicións