Diferenzas entre revisións de «Operación Barbarossa»

m
 
O 2 de decembro parte da 258ª División de Infantería avanzou a 24 km de Moscova. Estaban tan preto que os oficiais afirmaron ter visto as agullas do [[Kremlin de Moscova|Kremlin]],<ref>Glantz & House 2015, p. 106</ref> pero entón comezaron as primeiras tormentas de neve.<ref>Shirer 1990, p. 1032</ref> Un batallón de recoñecemento conseguiu acadar o pobo de Khimki, a tan só uns 8 km da capital soviética. O batallón capturou a ponte cobre o canal Moscova-Volga e a estación de ferrocarril, sendo o maior avance cara o leste das tropas alemás.<ref>Commager 1991, p. 144</ref> A pesar dos progresos realizados, a Wehrmacht non estaba equipada para combater en condicións invernais severas.<ref>Glantz & House 1995, pp. 85, 87</ref> O exército soviético estaba mellor adaptado para loitar nesas condicións, pero tiña problemas de produción de roupa de inverno. As forzas alemás foron as peor paradas, xa que a profunda neve obstaculizou aínda máis o seu equipamento e mobilidade.<ref>Glantz & House 1995, p. 87</ref><ref>Hill 2016, pp. 301, 305</ref> As condicións meteorolóxicas deixaron en terra á [[Luftwaffe]], impedindo operacións aéreas a gran escala.<ref>Mosier 2006, p. 184</ref> As novas unidades soviéticas creadas preto de Moscova contaban agora con máis de 500 000 homes, e o 5 de decembro lanzaron un masivo contraataque como parte da contraofensiva de inverno soviética. A ofensiva parou o 7 de xaneiro de 1942 despois de facer retroceder aos exércitos alemáns 100-250 km dende Moscova.<ref>Glantz & House 1995, pp. 91-97</ref> A Wehrmacht perdera a batalla de Moscova e a invasión custáralle ao exército alemán máis de 830 000 homes.<ref>Fritz 2011, p. 209</ref>
 
== Consecuencias ==
Co fracaso da batalla de Moscova todos os plans alemáns para unha derrota rápida da Unión Siviética tiveron que ser revisados. As contraofnsivas soviéticas en decembro de 1941 causaron fortes perdas nos dous bandos, pero ao mesmo tempo eliminou a ameaza alemana a Moscova.<ref>Müller 2016, pp. 181-182</ref><ref>Baker 2009, pp. 50-56</ref> Intentando explicar as cousas, Hitler publicou a Directiva N. 39, que citaba a temperá chegada do inverno e o frío severo como a razón do fracaso alemán,<ref>Baker 2009, p. 54</ref> aínda que a principal razón fora a falta de preparación dos militares alemáns para unha empresa tan grande.<ref>Shepherd 2016, p. 536</ref>
 
== Notas ==
64.026

edicións