Centauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 6:
 
== Características ==
[[Ficheiro:Ac marbles.jpg|miniatura|esquerda|230px|Centauro loitando contra un [[lapita]] (detalle do [[Partenón]], hoxe no Museo Británico, Londres)]]
Os centauros son coñecidos pola loita que mantiveron cos [[lapita]]s, provocada polo seu intento de raptar a [[Hipodamía]] o día da súa voda con [[Piritoo]], rei dos lapitas e tamén fillo de [[Ixión]]. A batalla entre uns e outros é unha metáfora do conflito entre os baixos instintos e o comportamento civilizado na humanidade, coa vitoria deste último. [[Teseo]], un heroe e fundador de cidades que estaba presente, axudou a [[Piritoo]] e ós lapitas e inclinou a balanza do lado da orde correcta das cousas. Moitos centauros morreron e o resto fuxiu ([[Plutarco de Queronea|Plutarco]], ''Teseo'', 30; [[Ovidio]], ''[[As metamorfoses|Metamorfoses]]'' XII. 210-458; [[Diodoro Siculo]] IV. 69, 70).
 
{{cita|"''Porque a ti, o máis bestial dos bestiais centauros, Éurito, ardíate o corazón tanto polo viño como pola visión da noiva, e reinaba unha embriaguez que duplicaba a luxuria. De socato... a acabada de casar é raptada pola forza, agarrada polos cabelos. Éurito colle a Hipódame; os demais, a que cada un gustaba ou podía... Por azar había alí preto unha antiga crátera con altos relevos; lévántaa o fillo de Exeo'' [é dicir, Teseo] '', erguéndose máis enorme do que de por si era, e lánzaa contra o rostro do seu adversario. Este, vomitando pola ferida e pola boca callóns de sangue, miolos e viño, de costas sobre a area enchoupada, pateaba''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'' XII 219-239)}}
 
Escenas da batalla entre os lapitas e os centauros foron esculpidas en [[baixorrelevo]]s no [[friso]] do [[Partenón]], que estaba dedicado á deusa [[Atenea]]. So esta roupaxe, Fidias, o autor dos relevos, simbolizaba as aínda recentes guerras entre os gregos e os persas, entre civilizados e bárbaros.