Operación Barbarossa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 325:
O primeiro golpe colleu aos soviéticos completamente por sorpresa cando o 2º Grupo Panzer, regresando dende o sur, tomou Oryol, a tan só 121 km ao sur da primeira liña de defensa principal soviética.<ref name=":47" /> Tres días despois os panzers avanzaron cara Bryansk, mentres que o 2º Exército atacou dende o oeste.<ref>Gilbert 1989, p. 242</ref> Os 3º e 13º Exércitos soviéticos estaban agora rodeados. Cara o norte, os 3º e 4º Exércitos Panzer atacaron Vyazma, atrapando aos 19º, 20º, 24º e 32º Exércitos.<ref name=":47" /> A primeira liña de defensa de Moscova quedou esnaquizada. A bolsa finalmente contiña máis de 500 000 prisioneiros soviéticos, o que levaba a conta dende o principios da invasións aos tres millóns. Os soviéticos tiñas agora só 90 000 homes e 150 carros de combate para a defensa de Moscova.<ref>Glantz & House 1995, p. 343</ref>
 
O goberno alemán predixo agora publicamente a inminente captura de Moscova e convenceu aos corresponsaiscorrespondentes estranxeiros dun inminente colapso soviético.<ref>Smith 2000, pp. 83-91</ref> O 13 de outubro o 3º Grupo Panzer penetrou a 140 km da capital.<ref name=":47" /> A lei marcial declarouse en Moscova. A meteoroloxía empeorou case dende o principio da operación. As temperaturas baixaron mentres continuaban as precipitacións. Isto converteu as estradas se pavimentar en lama e ralentizou o avance alemán cara Moscova.<ref>Hill 2016, pp. 250, 255</ref> Comezou a nevar ao que lle seguiu máis choiva, creándose unha lama glutinosa, que dificultaba moito o avance dos carros de combate alemáns, mentres que o [[T-34]] soviético, coas súas cadeas máis anchas, estaban máis preparados para esas condicións.<ref>Gilbert 1989, p. 244</ref> Ao mesmo tempo, a situación cos provisións alemás deteriorouse rapidamente.<ref>Shepherd 2016, pp. 178-179</ref> O 31 de outubro o Alto Mando alemán ordenou deter a operación mentres os exércitos se reorganizaban. A pausa permitiu aos soviéticos, moito mellor aprovisionados, gañar tempo para consolidar as súas posicións e organizar formacións de novos reservistas activados.<ref>Gilbert 1989, pp. 245-246</ref><ref>Hill 2016, pp. 255, 265</ref> En pouco máis dun mes os soviéticos organizaron once novos exércitos que incluían 30 divisións de tropas siberianas. Estes procedían do Extremo Oriente despois de que a intelixencia soviética asegurase a Stalin de que os xaponeses xa non eran unha ameaza.<ref>Gilbert 1989, p. 245</ref> Durante os meses de outubro e novembro de 1941 ao redor de 1 000 carros de combate e 1 000 avións chegaron xunto coas forzas siberianas para axudar na defensa da cidade.<ref>Keegan 1989, p. 203</ref>
 
Co endurecemento do chan por mor do frío, os alemáns reiniciaron o ataque sobre Mosscova o 15 de novembro.<ref>Roberts 2011, pp. 174-175</ref> Aínda que as propias tropas eran agora capaces de avanzar novamente a situación das subministracións non mellorara. Enfrontándose aos añemáns estaban os 5º, 16º, 30º, 43º, 49º e 50º Exércitos soviéticos. Os alemáns intentaron mover os 3º e 4º Exércitos Panzer ao longo do canal de Moscova e rodear a capital dende o nordés. O 2º Grupo Panzer atacaría Tula e despois pecharía Moscova dende o sur.<ref>Roberts 2011, pp. 175-176</ref> Mentres os soviéticos reaccionaban aos seus flancos o 4º Exército atacaría o centro. En dúas semanas de combates, sen suficiente combustible e munición, os alemáns deslizáronse lentamente cara Moscova. No sur o 2º Grupo Panzer estaba sendo bloqueado. O 22 de novembro as unidades siberianas, aumentadas polos 49º e 50º Exércitos atacaron o 2º Grupo Panzer derrotando aos alemáns. Porén, o 4º Grupo Panzer fixo retroceder ao 16º Exército e cruzou con éxito o canal de Moscova nun intento de rodear a capital.<ref>Glantz & House 2015, pp. 104-108</ref>
 
O 2 de decembro parte da 258ª División de Infantería avanzou a 24 km de Moscova. Estaban tan preto que os oficiais afirmaron ter visto as agullas do [[Kremlin de Moscova|Kremlin]],<ref>Glantz & House 2015, p. 106</ref> pero entón comezaron as primeiras tormentas de neve.<ref>Shirer 1990, p. 1032</ref> Un batallón de recoñecemento conseguiu acadar o pobo de Khimki, a tan só uns 8 km da capital soviética. O batallón capturou a ponte cobre o canal Moscova-Volga e a estación de ferrocarril, sendo o maior avance cara o leste das tropas alemás.<ref>Commager 1991, p. 144</ref> A pesar dos progresos realizados, a Wehrmacht non estaba equipada para combater en condicións invernais severas.<ref>Glantz & House 1995, pp. 85, 87</ref> O exército soviético estaba mellor adaptado para loitar nesas condicións, pero tiña problemas de produción de roupa de inverno. As forzas alemás foron as peor paradas, xa que a profunda neve obstaculizou aínda máis o seu equipamento e mobilidade.<ref>Glantz & House 1995, p. 87</ref><ref>Hill 2016, pp. 301, 305</ref> As condicións meteorolóxicas deixaron en terra á [[Luftwaffe]], impedindo operacións aéreas a gran escala.<ref>Mosier 2006, p. 184</ref> As novas unidades soviéticas creadas preto de Moscova contaban agora con máis de 500 000 homes, e o 5 de decembro lanzaron un masivo contraataque como parte da contraofensiva de inverno soviética. A ofensiva parou o 7 de xaneiro de 1942 despois de facer retroceder aos exércitos alemáns 100-250 km dende Moscova.<ref>Glantz & House 1995, pp. 91-97</ref> A Wehrmacht perdera a batalla de Moscova e a invasión custáralle ao exército alemán máis de 830 000 homes.<ref>Fritz 2011, p. 209</ref>
 
== Notas ==