Operación Barbarossa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 321:
 
== Batalla de Moscova ==
{{AP|Batalla de Moscova}}Despois de Kiev o [[Exército Vermello]] xa non superaba en número aos alemán e non había máis reservas adestradas directamente dispoñibles. Para defender [[Moscova]] Stalin podía despregar 800 000 homes en 83 divisións, pero non máis de 25 delas estaban totalmente operativas. A operación para tomar Moscova comezou o 30 de setembro de 1941.<ref>Stone 2011, p. 215</ref><ref>Stahel 2009, p. 440</ref> En fronte do [[Grupo de Exércitos Centro]] había unha serie de elaboradas liñas de defensa, a primeira delas centrada en [[Vyazma]] e a segunda en [[Mozhaysk]].<ref name=":47" /> Os labregos rusos comezaron a fuxir ante as unidades alemáns que avanzaban, queimando as súas colleitas, afastando o gando e destruíndo edificios nas súas aldeas como parte dunha política de teraterra queimada deseñada para non deixarlle subministracións e comida á maquinaria de guerra nazi.<ref>Gilbert 1989, pp. 241-242</ref>
 
O primeiro golpe colleu aos soviéticos completamente por sorpresa cando o 2º Grupo Panzer, regresando dende o sur, tomou Oryol, a tan só 121 km ao sur da primeira liña de defensa principal soviética.<ref name=":47" /> Tres días despois os panzers avanzaron cara Bryansk, mentres que o 2º Exército atacou dende o oeste.<ref>Gilbert 1989, p. 242</ref> Os 3º e 13º Exércitos soviéticos estaban agora rodeados. Cara o norte, os 3º e 4º Exércitos Panzer atacaron Vyazma, atrapando aos 19º, 20º, 24º e 32º Exércitos.<ref name=":47" /> A primeira liña de defensa de Moscova quedou esnaquizada. A bolsa finalmente contiña máis de 500 000 prisioneiros soviéticos, o que levaba a conta dende o principios da invasións aos tres millóns. Os soviéticos tiñas agora só 90 000 homes e 150 carros de combate para a defensa de Moscova.<ref>Glantz & House 1995, p. 343</ref>
 
O goberno alemán predixo agora publicamente a inminente captura de Moscova e convenceu aos corresponsais estranxeiros dun inminente colapso soviético.<ref>Smith 2000, pp. 83-91</ref> O 13 de outubro o 3º Grupo Panzer penetrou a 140 km da capital.<ref name=":47" /> A lei marcial declarouse en Moscova. A meteoroloxía empeorou case dende o principio da operación. As temperaturas baixaron mentres continuaban as precipitacións. Isto converteu as estradas se pavimentar en lama e ralentizou o avance alemán cara Moscova.<ref>Hill 2016, pp. 250, 255</ref> Comezou a nevar ao que lle seguiu máis choiva, creándose unha lama glutinosa, que dificultaba moito o avance dos carros de combate alemáns, mentres que o [[T-34]] soviético, coas súas cadeas máis anchas, estaban máis preparados para esas condicións.<ref>Gilbert 1989, p. 244</ref> Ao mesmo tempo, a situación cos provisións alemás deteriorouse rapidamente.<ref>Shepherd 2016, pp. 178-179</ref> O 31 de outubro o Alto Mando alemán ordenou deter a operación mentres os exércitos se reorganizaban. A pausa permitiu aos soviéticos, moito mellor aprovisionados, gañar tempo para consolidar as súas posicións e organizar formacións de novos reservistas activados.<ref>Gilbert 1989, pp. 245-246</ref><ref>Hill 2016, pp. 255, 265</ref> En pouco máis dun mes os soviéticos organizaron once novos exércitos que incluían 30 divisións de tropas siberianas. Estes procedían do Extremo Oriente despois de que a intelixencia soviética asegurase a Stalin de que os xaponeses xa non eran unha ameaza.<ref>Gilbert 1989, p. 245</ref> Durante os meses de outubro e novembro de 1941 ao redor de 1 000 carros de combate e 1 000 avións chegaron xunto coas forzas siberianas para axudar na defensa da cidade.<ref>Keegan 1989, p. 203</ref>
 
== Notas ==