Auxías: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 13:
[[Ficheiro:Herakles Augean Stables.jpg|miniatura|300px|esquerda|Heracles, ante Atenea, desviando o curso dos ríos para limpar a corte do rei Auxías (Templo de Zeus en Olimpia)]]
 
Heracles tivo que marchar (aínda que posteriormente organizaría unha expedición de castigo contra Auxías) e chegou onda o seu amigo [[Dexámeno]], rei da cidade de [[OlenoÓleno]]. Este estaba a piques de entregar, pola forza, á súa filla [[Mnesímaca]] ó [[centauro]] [[Euritión (centauro)|Euritión]], e pediulle axuda a Heracles, que matou ó centauro cando este ía buscar a noiva <ref>Segundo Hixino (Hixino, 31, 11), a filla de Dexámeno era [[Deianira]], coa que finalmente casaría Heracles, pero máis adiante descríbea como filla de [[Eneo]] (Hixino, 36, 1), tal como fan as outras fontes.</ref>.
 
Euristeo tampouco aceptou a validez deste traballo por considerar que ó percibir un salario (ou, cando menos, pedilo) fixérao non estando ó seu servizo. Hixino engade que o axudou Zeus: "''Limpiou de esterco a corte do rei Auxías nun só día, a maior parte coa axuda de Xúpiter'' <ref>Hixino: ''Fábulas mitológicas'', 30.</ref>.