Diferenzas entre revisións de «Xogos Olímpicos de 1904»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
* Talvez o máis pitoresco de todos os participantes destes Xogos fora o cubano ''Felix Carvajal'', un carteiro d'[[A Habana]]. ''Felix'', un home moreno de 1,50 de altura e grandes bigotes, despois dunha verdadeira odisea para ir de [[Cuba]] até [[St. Louis, Missouri|St. Louis]], apareceu na saída da proba vestindo boina, camisa e calzando un [[coturno]].
[[Ficheiro:Carvajal1904.jpg|miniatura|dereita|150px|Felix Carvajal no [[maratón (atletismo)|maratón]] de [[St. Louis, Missouri|Saint Louis]]]]
Os organizadores obviamente tentaron impedir a súa participación, mais atletas americanos, simpatizando e apiedados do pequeno [[cubano]], axudáronlle a transformar a súa vestimenta en algo parecido a un equipamento deportivo. ''Carvajal'' chegou en cuarto lugar na proba e talvez puidese até ter gañado unha [[medalla]] se non se detivera ocasionalmente durante o transcurso para conversar con xentes, rapiñarrapinar pexegos ou invadir un pomar de mazás na procura de alimentos, o que lle causou un grande [[cólico]] estomacal á fin da proba pois as froitas estaban verdes. ''Felix'' transformouse no pequeno heroe e [[Mascota (símbolo)|mascota]] dos seus adversarios, que se cotizaron para lle pagar a pasaxe de volta a [[Habana]] e lle deron de regalo unha placa de [[prata]], coa inscrición: ''”A Felix, o IV, o máis glorioso vencido da historia dos Xogos”''.
 
* O ximnasta ''George Eyser'', dos [[Estados Unidos de América|EUA]], foi un dos máis incribles atletas dos Xogos de St. Louis, conquistando seis medallas de [[ouro]], sendo que a súa perna esquerda, debido a unha amputación na infancia, era unha perna de pau.
52.336

edicións